Resultados

As e os Sub18 buscan recompensa a unha dura tempada

Continúa avanzando o calendario nacional sendo esta fin de semana a cidade de Tarragona quen acolla o Campionato de España Sub18,  onde acuden un total de 589 dos cales 39 son galegos e galegas.

Os nosos rapaces e rapazas intentarán igualar no colectivo as cinco medallas logradas o ano pasado en Castellón contando para elo ca presenza de varios atletas importantes .

Nas probas de velocidade poderemos ver en acción a Javier Jiménez do Atletismo Sada quen figura inscrito nos 100 m. e nos 200 m. proba esta última na que tamén contaremos con Javier López do mesmo club e de Hugo Vázquez do Marineda. Jorge Román Leiros do Celta loitará por unha medalla na proba dos 400 m. onde acude ca terceira mellor marca dos participantes de 49.10 estando acompañado na categoría femenina pola representante do Riazor Coruña María Fernández

Xa no medio fondo e fondo nada menos que seis atletas inscritos e inscritas nos 800 m. Carmen Victoria González e Ainara Rodríguez da Atlética Lucense, Degnehs María Mato do Millaraio, Lope Quinteiro do Vila de Cangas, Carlos López de A Gándara e Juan Núñez do Real Club Celta. O subcampión galego absoluto Iker González da A.Lucense será outro dos inscritos sobre 1.500 m. proba esta na que seguiremos con especial atención as evolucións dun dos serios aspirantes a podio, a do céltico Pedro Vázquez  quen acude ca segunda mellor marca de 3:59.68 de pista cuberta. Inés Docampo do ADAS Proinor será a representante femenina.

Nos 5.000 m. contamos ca presenza dos célestes Hugo García e Mateo Rodríguez así como a dos lucense da Escola Atlética Isabel Caeiro e Antón Martínez.

Nos 110 valos Hugo Vázquez do Marineda e David Vicente do Rías Baixas, serán os participantes contando nos 400 valos ca atleta campioa galega absoluta do ADAS Proinor Belén García quen quedaría de quinta o ano pasado e que desta, conta con serias  posibilidades de metal

Xa nos saltos actuacións das campioas galegas absolutas Alba Cuns do atletismo Negreira en triplo e a de Lola Bouza do ADAS Proinor en pértega estando acompañada por Tomas López do A. Sada.

Nos sempre fructíferos lanzamentos, participación en peso con Samuel Lema do Negreira na procura da final e a de Xiana Lago do Ría Ferrol quen fará valer esos 14.33 m. de pista cuberta para presentar a súa candidatura a medalla. No disco, Nicolás Ortega do Coruña Comarca será o aspirante a postos de cabeza no concurso o mesmo que Paula Piñón do A.Feminino Celta e a de Victoria Eiríz da Atlética Lucense.

Atención ao concurso de Eric Calvo do Real Club Celta en martelo quen tomará parte ca mellor marca de todos os inscritos de 65.49 m. e a de Marta Neira do AVA na categoría feminina quen conta de igual modo ca terceira mellor marca das inscritas.

María Pena da A Silva e Paula Piñón do A.F. Celta na xavelina intentarán copar o podio e reafirmar a importancia desta modalidade no noso atletismo. Nos homes, participación de Daniel Mato do C.A. Santiago.

A representación galega das combinadas estará da man de Nicolás Arias da Atlética Lucense quen podería dar unha alegría si é quen de andar polos 6.000 puntos o mesmo que a da talentosa lucense Lucía Sánchez del Valle quen tamén tomará parte no heptathlon

Por último Sofía Campos do C.A.Santiago e Ismael Díaz do C.A.Sada serán os nosos e nosas representantes nas probas de marcha.

Compartir: