40 metais (15 ouros, 16 pratas e 9 bronces) foi o balance total de medallas logradas polos 84 galegos e galegas que tomarían parte durante esta fin de semana no Campionato de España Máster desenvolto na cidade gaditana de San Fernando.
Entre os rexistros máis destacados está o récord de Galicia establecido pola saltador de A Silva Basi Bernárdez quen no foso de lonxitude establecería un novo récord M45 cun rexsitro 5.97 m.
No que atinxe a medallas, o balance quedou da seguinte maneira:
Medallas de Ouro (15):
- Ana Abuin de A Silva na F60 en Martelo; Martelo Pesado e Peso
- Basi Bernárdez de A Silva na M45 en Xavelina e Triplo
- Esther Pedrosa do Playas de Castellón na F55 nos 800 m. e nos 1.500 m
- Fran Guzman do C.A.Santiago na M45 en Peso e Disco
- Carlos Ferrer do A. Narón na M60 nos 300 valos e Disco
- Juan Morales del Castillo do Marineda na M40 nos 5.000 marcha
- Luz María Domínguez do Burgas Ourense na F55 nos 400 m. con 1:12.23
- Santiago Ferreiro do C.A.Santiago na M35 en Martelo
- Juan Caamaño do Marineda na M50 nos 100 m.
- Nieves Vázquez do C.A.Sada na F45 nos 100 m.
Medallas de prata (16):
- Luz María Domínguez do Burgas Ourense na F55 nos 200 m. e nos 800 m.
- Monse Fernández do C.A.Sada na F50 nos 100 m. e nos 200 m.
- Concha Novais do C.A.Sada na F40 nos 200 m. e nos 400 m.
- Basi Bernárdez de A Silva na M45 en lonxitude
- Nuria Pastor do Lugo Runing Ramos Lourés na F50 nos 5.000 m.
- Javier Viteri do Ourense Atletismo na M55 en xavelina
- Ana Abuin da A. A Silva na F60 en Disco
- Goretti Díaz do Samertolameu na F40 nos 100 m.
- Juan Luis Paz do Marineda na M45 en Altura
- Nieves Vázquez do C.A.Sada na F45 nos 100 m.
- Jose Fernández Nieves do Real Club Celta na M45 nos 5.000 marcha
- María Luisa Armesto do C.A.Sada na F65 nos 400 m.
- Irene Fidalgo do A.Narón na F45 en Martelo
Medallas de bronce (10):
- Luis Campos do ADAS Proinor na M55 nos 100 m. e nos 200 m
- Manuel Polo do Atletismo Narón na M45 nos 5000 marcha
- Goretti Díaz do Samertolameu na F40 nos 200 m.
- Carlos Ferrer do A. Narón na M60 en Martelo
- Fernando Míguez do C.A. Sada na M50 en Triplo
- Juan Luis Paz do Marineda na M45 nos 110 valos
- Inés Papin do C.A.Sada na F50 nos 1.500 m.
- Antonio José Martínez do A.V.A. na M45 en Peso