Resultados

Rumbo a San Fernando

Nada menos que un total de 84 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España Máster que se desenvolverá dende o venres ata o domingo na localidade gaditana de San Fernando.

Polo volumen de participación, esta cita é sen lugar a dúbidas, a máis concurrida polos nosos atletas, superadas tan só polas Comunidades de Andalucía con 397 inscritos e inscritas, Madrid con 290, Catalunya con 123 e Comunitat Valenciana con 116. O número total de participantes supera os 1465.

Da ampla delegación galega compre salientar a presenza de Ana Abuín de A Silva quen nos pasados Campionatos de Galicia máster lograría bater o récord de España F60 no concurso de martelo pesado. Esther Pedrosa será outra das atletas a ter moi en conta na cita nacional onde figura inscrita nos 800 m. 1.500 m. e 5.000 m. O subcampión europeo máster na proba de marcha Juan Morales del Castillo do Marineda será outro dos puntos de interese do campionato por parte galega

Ademáis das citadas e citados, poderemos seguir as evolucións no concurso de disco do campión absoluto Fran Guzmán M45 do C.A. Santiago, a de Basi Bernárdez M45 do A Silva nos fosos de lonxitude e triplo así como a do Campión galego absoluto de combinadas Carlos Ferrer M60 do Narón quen figura inscrito nas probas de valos baixos,disco e martelo.

As probas de velocidade contarán ca presenza de Goretti Díaz F40 do Samertolameu, Juan Caamaño M45 do Marineda, Luis Campos M55 do ADAS Proinor e Rubén Eiriz M40 do Marineda.  Nos valos e altura Juan Luis Paz na M40 do Marineda; nos 400 e 800 m. Luz María Domínguez W55 do Burgas Ourense e xa nos lanzamentos Irene Fernández F45 do Atletismo Narón e Javi Viteri M55 do Ourense Atletismo serán só algúns dos máis destacados e destacadas.

Na foto, Carlos Ferrer, realizada por Juan Manuel García Rey (OllodeXan)

Compartir: