Pamplona recibe esta fin de semana a Selección Galega Sub18

Un total de 18 atletas, 9 mulleres e 9 homes, compoñen a Selección Galega Sub18 que acaba de ser convocada para tomar parte no IV Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub18 que se vai levar  a cabo o día 3 de Outubro en Pamplona.

Neste certame toman parte un total de doce Federacións Autonómicas, onde o obxectivo da Selección será o de  mellorar o oitavo posto acadao o ano pasado nunha edición gañada por Andalucía na que tomarían parte dazasete comunidades.

A nivel de atletas, destaca a presenza das campioas galegas absolutas Alba Cuns do Atletismo Negreira quen toma parte na proba de triplo na que se proclamaría campiona galega a finais do mes pasado na Coruña e de Lola Bouza do ADAS Proinor quen faría o propio no concurso de pértega.

Outras e outros medallistas absolutos convocados son María Fernández do Riazor Coruña nos 200 m.;  Carmen Victoria González da Atlética Lucense nos 800 m.;  Iker González da Atlética Lucense nos 1.500 m., Hugo Vázquez do Marineda nos 400 valos e Paula Piñón do A.F. Celta en disco

Compartir: