Sete medallas para o atletismo galego no nacional sub23

O atletismo galego voltaría esta fin de semana dos Campinatos de España Sub23 desenvoltos en Sevilla cun extraordinario balance total de sete medallas

A única medalla de ouro correspondería para a atleta internacional de probas combinadas Eva Queimaño do A.F. Celta quen no concurso de heptathlon lograría unha puntuación total de 4.716 puntos o que representa unha mellor marca persoal para esta atleta que fora 5ª no pasado Campionato nacional de pista cuberta. Eva amosou unha excelente regularidade que farían que se impuxera no concurso de peso e lonxitude, sendo os 200 m. a única proba na que non remataría entre as tres primeiras posicións.

Na competición dos 800 m. o atleta do Coruña Comarca Elian Numa López que partía cunha das mellores marcas dos participantes, tampouco defraudaría logrando na final un rexistro de 1:53.43 o que lle reportaría a medalla de prata que iguala a xa optida no nacional de pista cuberta.

Novamente o podio nacional dunha xavelina contaría con presenza galega, xa que Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol lanzaría ata os 41.46 m. nun emocioante concurso no que estaría empatada ca atleta madrileña Sylvia Corre e onde tería que determinar o mellor segundo lanzamento da coruñesa de 41.33 m.

Mesma prata para Antía Chamosa que viña de proclamarse campioa nacional absoluta da distancia pero que tería nesta ocasión que ceder o título, ante outra das grandes favoritas, a burgalesa María Peña. A nosa marchadora internacional realizara un rexistro de 48:56.00

Unha das protagonistas galegas sería sen dúbida a atleta internacional paramundialista e campioa galega absoluta dos 200 m. Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural Galega quen tanto na proba dos 100 m. como na dos 200 m. lograría acadar sendas medallas de bronce cun rexistro de 12.30 e 25.34 que fan desta lucense o claro referente da velocidade femenina galega actual e mesmo nacional da súa categoría. Mérito engadido ten o feito de que apenas tomara parte esta tempada en probas de pista cuberta.

Por último, o concurso de triplo daría outra alegría para o atletismo galego xa que o saltador do Lugo Runing e campión galego absoluto, Alexandre Barreiro lograba no seu segundo salto un rexistro de 15.08 m. que lle servirían para estar nos postos de honra. Este rexistro representa unha MMP, mellorando ademáis a novena posición dos pasados Campionatos de España de pista cuberta.

En canto ao restro de participación salientar os postos de finalista de:  5ª Andrea González en xavelina, 7ª Uxía Paz en lonxitude, Lucía Ferrer nos 100 valos, Lucas Férnandez nos 800 m. e Claudia Puig en xavelina; 8º Claudia Puig en disco,  Pablo Saa en triplo e Andrea Pais nos 100 e nos 200 m.

Outros postos foron o noveno lugar para Uxía Paz en triplo e o terceiro lugar da terceira semifinal para Santi Rozas nos 110 valos

Resultados

Compartir: