Sevilla recibe a expedición galega do nacional Sub23

Un total de dazasete atletas galegos e galegas viaxarán ata a capital Hispalense esta fin de semana para tomar parte no Campionato de España Sub23 de Aire Libre  onde se agarda en líneas xerais un destacado papel por parte dos ata alí desprazados

Importantes bazas

Comezando polas probas de velocidade, contaremos sobre o sintético andaluz ca presencia da subcampioa paramundialista e campioa galega Adi Iglesias do Lucus quen tomará parte tanto nos 100 m. como nos 200 m. proba esta última na que estará na loita máis directa polos metais. Xunto ela, e tamén en ambas probas, tomará parte a subcampioa galega dos 200 m. e o bronce nos 100 m. Andrea Pais do A. Femenino Celta quen completa a relación de velocistas.

Unha baza importante é a que encabeza Elian Numa quen parece estar sufrindo as rigurosidades desta atípica tempada. Malia elo achégase ca terceira mellor marca dos participantes que farán del un serio candidato a postos de podio. Xunto él, e compartindo as cores do Coruña Comarca, tomará parte o seu compañeiro de adestramento Lucas Fernández que de igual modo tamén tomará a saída sobre os 400 m.

A factoría lucense sigue aportando valistas, sendo neste caso o medallista de bronce dos autonómicos Santiago Rozas do Lucus Caixa Rural, quen esté na saída dos 110 valos acompañado, tamén nos valos, pola subcampioa galega absoluta Lucía Ferrer da Gimnástica

Antía Chamosa  parte como clara favorita na proba de marcha da que se ven de proclamar recentemente campioa de España absoluta, e que a convirten nun claro referente de presente e futuro internacional nesta modalidade.

Os concursos, máis caros que nunca polas mínimas esixidas, contarán no corredor de triple con Alexander Barreiro do Lugo Running disposto a estar entre os postos importantes da proba o mesmo que o céltico Pablo Saa. A campioa galega absoluta de lonxitude Uxía Paz do A. Femenino Celta terá como difícil obxectivo estar por partida dobre na loita por entrar na final tanto de lonxitude como de triplo.

O sector dos lanzamentos é a priori o que pode reportar máis e mellores resultados. Proba delo é a xavelina onde estarán lanzando Ivanna Carolina Roman do RIA Ferrol e Andrea González da Gimnástica, primeira e segunda do ranking nacional con 44.86 m. e 43.50 m. Xunto elas tamén concursará a Gimnástica Claudia Puig

María Ezquerro do Atletismo Sada parte con claras opcións de podio no martelo grazas á que acude ca cuarta mellor marca das participantes,  entre as que se atopa, con aspiracións de estar na final, Claudia Puig.

Por último prestaremos atención ás combinadas con Eva Queimaño do A. Femenino Celta, competindo en loita directa polo título de campioa de España nunha especialidade que se prevé tan emocioante como disputada.

Foto de Ollodexan (Juan García Rey)

Compartir: