Resultados

Importante cita co atletismo máster galego na fin de semana

As pistas do CGTD de Pontevedra volverán a ser o centro de atención esta fin de semana ca disputa do XXXIII Campionato de Galicia Máster na que tomarán parte un importante número de atletas deste colectivo.

Na cita poderemos ver es escea a algúns e algunhas das atletas máis importantes nos que figura a presencia da subcampioa do mundo do ano pasado en Polonia dos 1.500 m., 3.000 m. e campo a través Esther Pedrosa quen tomará parte nos 1.500 m.

O multiplusmarquista mundial Pepín Rioseco do Atletismo Narón, tamén estará presente na cita autonómica onde abordará un novo reto ca súa participación na proba dos 400 valos.

Na proba dos 5.000 m. poderemos ver a evolución doutra destacada atleta máster como é a de Soledad Castro do Comesaña Sporting Club que estará a compañada pola medallista de bronce nos mundiais do ano pasado Teresa Castro do Atletismo Noia. A Marcha contará co campión de Europa Juan Manuel Morales do Marineda quen ademáis lograba recentemente o subcampionato de Galicia Absoluto.

Outros e otras atletas a ter en conta serán os/as medallistas dos pasados Campionatos de España desenvoltos en Sagunto como son Luz Domínguez Román  quen figura inscrita nas probas dos 400 m. e dos 800 m. e de Domingo Álvarez nos 800 m. e 1.500 m. ambos do Burgas Ourense.

O Samertolameu contará cos medallistas Rosa Ana Santos nos 100 m. e con Angeles Bernárdez na Lonxitude.

Por parte do Atletismo Sada estarán, Monse Fernández quen figura inscrita nos 200 m., María Luisa Armesto nos 400 m. así como Angeles Ripoll e Inés Papín nos 1.500 m.

Ademáis estarán os medallistas nacionais Antonio Gude do Lucus Caixa Rural Galega nos 5.000 m.; Ana Abuín da Atlética A Silva na proba de martelo; Cris Estévez do Atletismo Femenino Celta no concurso de altura, Manuel Polo do Atletismo Narón nos 5.000 marcha, Xulio Ventín da Gimnástica de Pontevedra en martelo e Javi Viteri do Ourense Atletismo en xavelina.

Por último destacada presenza dos campións de Galicia absolutos en peso e combinadas respectivamente, Fran Guzmán do Atletismo Santiago e Carlos Ferrer do Atletismo Narón quen tomará parte en martelo e disco.

Ao campionato, que dará comezo as 10.00 horas e rematará sobre as 20.30 h. do sábado, non está autorizado o acceso de público. Cada club deberá nomear a un delegado ou responsable que deberá rexistrarxe na plataforma que se abrirá unha vez sexan sacadas as listaxes definitivas de participantes.

Relación de inscritos/as

Compartir: