A World Athletics ven de modificar recentemente a norma que regula o uso de zapatillas nas probas atléticas oficiais.
A norma regula as medidas (Circular 124/2020 RFEA) que terán de cumprir as zapatillas e establece unha serie de premisas. A pesar do que se pode pensar nun primeiro momento, esta limitación é bastante estrita nas probas en pista e afecta a moitos modelos de zapatillas, en especial á maioría de zapatillas de roteiro cando estas son empregadas en pista.
As limitacións de sola son as seguintes:
- Carreiras en pista inferiores a 800 m: Espesor máximo da sola (incluída calquera plantilla) 2cm
- Carreiras en pista de 800 ou superior (incluídos obstáculos e campo a través): Espesor máximo da sola (incluída calquera plantilla) 2,5cm
- Concursos (excepto triplo): Espesor máximo da sola (incluída calquera plantilla) 2cm
- Triplo Salto: Espesor máximo da sola (incluída calquera plantilla) 2,5cm
- Carreiras de marcha en pista ou roteiro: Espesor máximo da sola (incluída calquera plantilla) 4cm
- Probas en roteiro: Espesor máximo da sola (incluída calquera plantilla) 4cm
A entrada en vigor destas normas é INMEDIATA e de aplicación en todas as probas, non sendo válidas en ranking as marcas realizadas con zapatillas que non cumpren ditas limitacións. Establécese unha moratoria para as probas de concursos, e só aos concursos, ata o 1 de decembro.
Os xuíces terán que comprobar as zapatillas en cámara de chamadas e para iso o organizador disporá dun calibre dixital para o seu uso nestas comprobacións.
Ante calquer aclaración ou dúbida, poderase contactar co Comité Galego de Xuices no seguinte correo xuices@atletismo.gal