Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

II Control FGA de menores

No día de mañán novamente as pistas do CGTD de Pontevedra desenvolverán outra proba de Control da FGA onde nesta ocasión as categorías base serán as protagonistas.

A competición dará comezo as 17.00 horas contando ca participación de máis de 200 atletas procedentes dunha veintena de clubs nun día onde a choiva está previsto que faga acto de presencia.

Debido as estritas medidas de seguridade impostas, onde o límite máximo de aforo é 120 persoas e a capacidade das bancadas é reducida, é moi importante que en todo momento se sigan as indicacións da organización no que atinxe ao tránsito pola instalación, emprego das zonas sinaladas tanto para ser ocupadas como para efectuar o quencemento,  e tempo de estancia na instalación, aspecto este último onde se recomenda abandonar o recinto deportivo unha vez remate a proba, caso de así poder ser.

No que atinxe a competición as probas dos 500 m. e dos 600 m. serán corridas por rúas, seguíndose na proba dos 1.000 m. o regulamento técnico WA. Art. 17.5.2. (con liña de saída partida e collendo rúa libre os que saian polo exterior, despois de completar a primeira curva)

Dende a FGA quérese agrader a todos e todas o esforzo e entendemento en canto a aceptación de todas cantas medidas estamos obrigados a adoptar, nun momento onde é fundamental manter a actividade, malia as enormes esixencias e sobreesforzos que entrañan.

Resultados

Compartir: