No día de mañán novamente as pistas do CGTD de Pontevedra desenvolverán outra proba de Control da FGA onde nesta ocasión as categorías base serán as protagonistas.
A competición dará comezo as 17.00 horas contando ca participación de máis de 200 atletas procedentes dunha veintena de clubs nun día onde a choiva está previsto que faga acto de presencia.
Debido as estritas medidas de seguridade impostas, onde o límite máximo de aforo é 120 persoas e a capacidade das bancadas é reducida, é moi importante que en todo momento se sigan as indicacións da organización no que atinxe ao tránsito pola instalación, emprego das zonas sinaladas tanto para ser ocupadas como para efectuar o quencemento, e tempo de estancia na instalación, aspecto este último onde se recomenda abandonar o recinto deportivo unha vez remate a proba, caso de así poder ser.
No que atinxe a competición as probas dos 500 m. e dos 600 m. serán corridas por rúas, seguíndose na proba dos 1.000 m. o regulamento técnico WA. Art. 17.5.2. (con liña de saída partida e collendo rúa libre os que saian polo exterior, despois de completar a primeira curva)
Dende a FGA quérese agrader a todos e todas o esforzo e entendemento en canto a aceptación de todas cantas medidas estamos obrigados a adoptar, nun momento onde é fundamental manter a actividade, malia as enormes esixencias e sobreesforzos que entrañan.