Logo da disputa nas Pistas Universitarias coruñesas de Elviña do Campionato de Galicia Absoluto a finais do mes pasado, a dirección técnica ven de anunciar a convocatoria da Selección Galega para acudir ao XLV Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se desenvolverá o día 19 de setembro na cidade Manchega de Ciudad Real.
Ata alí viaxarán un total de 19 atletas quenes tomarán parte de maneira mixta nas distintas probas que forman o calendario deste ¨novo¨ formato competitivo marcado polas variacións que obriga a situación actual.
Entre a relación de convocadas/os destaca a presencia da mundialista Belén Toimil no concurso de peso, a da campioa de España en altura Saleta Fernández así como a do bronce nacional nos mesmos campionatos Leticia Gil en lonxitude. Completan a relación destacada as/os tamén internacionais Uxía Pérez nos 5.000 m., Irene Gómez en martelo, Elian Numa nos 800 m., e Dani Chamosa na marcha
A relación de convocados e convocadas terán ata o día de mañán pata confirmar a súa presenza na selección a través do enlace oficial: