Nada menos que un total de catro clubs galegos tomarán parte o vindeiro dia 24 de outubro en xornada de tarde, na I Copa de Clubs Máster que acontecerá nas localidades de Torrevieja, Durango e Huesca.
A cidade vasca acudirá o Club Atletismo Narón a tomar parte no encontro correspondente a segunda categoría, cos ánimos de facer un bo papel que lles posibilite estar nos postos de honra do seu grupo logo de que esta fin de semana o equipo absoluto lograra o triunfo na 2ª Categoría da Serie B da Copa de Clubs.
Pola súa banda a capital aragonesa, e na terceira categoría, acudirán o resto de clubs galegos quenes terán que enfrontarse tanto aos equipos locais como aos achegados de Valencia, Navarra e Madrid.
Entre os galegos está o Samertolameu que o ano pasado acadara o sétimo posto na Primeira División da liga de clubs máster e que nesta primeira edición copera aspira a facer un bo papel. Xunto ao club de Moaña estará compitindo o Club Atletismo Sada cuxa importante sección máster fíxolles acadar o ano pasado o ascendo a Primeira División da súa categoría logo de gañar de maneira moi brillante o seu encontro de segunda.
Por último, o cuarto dos clubs galegos que estará tomando parte no mesmo encontro é a formación coruñesa do Marineda Atlético que conta con importantes efectivos que estarán na loita tanto no individual como no colectivo sobre o sintético oscense.
Xunto aos clubs citados e clasificados por estadillo, figuran como reservas o Club Atletismo Santiago e Ourense Atletismo