Resultados

Intensísima fin de semana de Campionatos galegos

Rematou un intensísimo fin de semana que acollería nas pistas Universitarias de Elviña as disputas dos Campionatos de Galicia Absolutos, Sub23, Sub20 Sub18 e de Combinadas, baixo un estricto protocolo COVID19 que obrigou a adoptar importantes medidas de adaptación no desenvolvemento das probas.

Malia elo, polas pistas coruñesas pasaría un importantísimo elenco de atletas internacionais que quixeron tomar parte na cita máis importante do ano do atletismo galego.

Por sectores e dando comezo ca velocidade, Mauro Triana cumpliría todos os pronósticos impoñéndose nas probas dos 100 m. e dos 200 m. con 10.58 ventosos (+3,0) e 21.61 (+3,5). Na categoría feminina saltaría a sorpresa logo da eliminación dunha das claras favoritas, a subcampioa paramundialista dos 100 m. e 200 m. Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural, quen quedaría eliminada logo dunha saída nula. Mais adiante desquitaráise nos 200 m. logrando revalidar o titulo do ano pasado ao rematar na primeira posición con 25.25. O seu posto nos 100 m. sería ocupado pola Sub16 Ainhoa Raparaz do Val Miñor con 12.44

A proba dos 400 m. resultarían do máis interesantes con triunfos para Eugenia Gil da Gimnástica con 58.12 polos 58.24 de María Fernández do Riazor Coruña. A mesma Eugenia tería que ceder nos 400 valos ante a Sub18 Belén García Arias do ADAS Proinor quen remataba con 1:04.05. Na mesma proba Demba Sanyang do Narón lograba a primeira posición malia que pola súa condición de extranxeiro cedería o título a Iago Núñez do Lucus quen remataba con 56.02. David de la Fuente pola súa banda, conseguía un destacado dobre título tanto nos 400 m. onde quedaba ás portas de baixar dos 49 segundos con 49.03 e nos 800 m. con 1:53.84. Na categoría feminina o título marcharía cara A Gándara da man da súa atleta Sub18 María Cedrón con 2:19.55

Nos valos curtos novo campionato para o lucense Miguel Pérez con 14.80 e para a internacional Sub23 Eva Queimaño do Celta quen se proclama por vez primeira gañadora desta proba nuns absolutos con 15.14.

O medio fondo estaría domiñado polas internacionais Angela González do Marathon con 4:39.13 e polo coruñés Elian Numa López quen lograba o triunfo sobre os 1.500 m. con 3:54.81 sendo sendos ouros nos 800 m. para

Xa nos 5.000 m., deixaríanos unha interesante loita entre Manuel Hurtado da Gimnástica e Esteban Iglesias do Lucus, atleta este último quen se imporía nunha final moi emocionante con 15:14.99. Nas mulleres a venezolana internacional con ficha galega Joselyn Brea da Gimnástica gañaría a carreira malia que o título autonómico sería para a tamén internacional Uxia Pérez con 17:01.66. Nos 3.000 obstáculos, Gonzalo Basconcelo do Celta, volvería cinco anos despois a proclamarse campión galego absoluto cun crono oficial nesta ocasión de 9:52.00

Nos concursos de lanzamentos 50.55 m. para a subcampioa de España en xavelina Carmen Sánchez e 59.39 m. na categoría masculina para Jonathan Correa do Real Club Celta.

No martelo, a internacional Sub20 Irene Gómez proclamabase campioa galega absoluta poñendo punto e seguido a unha etapa da súa vida que emprenderá en breve na Residencia Joaquín Blume madrileña onde simultaneará adestramentos ao máis alto nivel ca súa formación académica. Outro internacional Isaac Vicente lograba o título nesta mesma especialidade con 61.01m. despíois de que o fixera por última ocasión nas pistas de Ourense fai cinco anos,.

A noticia saltaba no foso de peso onde o atleta Victor Gallego da Gimnástica celebraba nada menos que vinte campionatos de Galicia absolutos de aire libre. Co seu triunfo no concurso de peso, que leva domiñando de maneira ininterrumpida nos últimos 12 anos, suma un novo ouro que engadir a ese impresionante curriculum que fan del o atleta galego con máis títulos na historia do noso deporte. O carismático capitán da Gimnástica tomaría parte de igual modo no lanzamento de disco onde tería que ceder ante o bo campionato de Francisco Javier Gúzman do C.A. Santiago quen chegaba aos 47.68 m. María Ezquerro do Atletismo Sada subiría por vez primeira ao máis alto do pódium de aire libre no concurso de disco con 38.98 m.

A mundialista e plusmarquista galega Belén Toimil fiel sempre ao seu compromiso de estar nos galegos, non quixo faltar a esta cita lanzando ata os 16.57 m. que lle dan o seu sétimo título en peso e que engade aos seus cinco en disco doutros anos facendo dela unha da atletas máis laureadas do noso deporte.

Nos saltos Miguel Cortizo chegaría ata os 1.80 m. en altura polos 1.64 m. de Carlota Salgado do Celta. Na proba de  pértega produciase outra das sorpresas ao impoñerse na categoría femenina Lola Bouza do ADAS Proinor  con 3.46 m. a Bea Viteri do Celta quen viña de ganar as sete últimas edicións de maneira consecutiva. Nos homes Miguel Cajaraville conseguía o seu cuarto campionato de aire libre con 4.15 m.

En triple Miguel Barreiro do Lugo Running, marchaba ata os 14.79 m. no seu segundo intento, inalcanzable para o resto de competidores. Alba Cuns do Negreira na categoría feminina teríase que empregar a fondo para dobregar a unha motivada Tania Valverde do Ría Ferrol quen acababa segunda con 11.68 m. e terceira en lonxitude con 5.58 m. nun concurso gañado por Uxía Paz do Celta con 5.60 m.

O foso de lonxitude masculino centraba boa parte da atención ca participación do olímpico e plusmarquista galego Jean Marie Okutu quen non defraudaría, chegando no seu quinto salto ata os 7.78 m que fan que pase a liderar o ranking nacional.

A proba dos 5.000 marcha sería domiñada por Antía e Daniel Chamosa con 24:17.16 e 21:34.55 respectivamente. Nesta última proba o campión de Europa máster Juan Manuel Morales do Marineda, lograba o subcampionato e o récord galego M-40 con 21:39.01

Por último salientar o triunfo do atleta máster 60 Carlos Ferrer quen se impuxo no concurso de combinadas con 2.665 sendo o Sub18 Nicolás Arias quen faría o propio na súa categoría con 5.907 puntos.

Resultados de Combinadas

Resultados dos Absolutos, Sub23, Sub20 e Sub18

Foto, Manu Boutureira

Compartir: