Resultados

Excelente xornada atlética na V Festa do Atletismo

Excelente xornada a vivida no día de onte durante a disputa da segunda proba post-covid que xuntaría nas pistas do CGTD a un importante e destacado número de atletas para tomar parte na V Festa de Atletismo Galego-Peregrina 2020

No cartel importantes atletas, onde o máis destacado foi a presenza do olímpico Jean Marie Okutu no concurso de lonxitude, proba esta que sería liderada polo saltador asturiano Franscisco Cobián con 7.63 m. polos 7.39 m. do marinense na súa primeira toma de contacto co tartán. Con posterioridade tomaría parte tamén na proba dos 100 m. onde o internacional e plusmarquista galego Mauro Triana facía o seu debut na tempada de aire libre acreditando un bo rexistro 10.89.

Seguindo ca velocidade, novamente Adi Iglesias do Lucus, e como xa fixera fai unha semana, reafirmaba o seo bo momento impoñéndose nos 100 m. cos mesmos 12.48 de fai sete días, atrevéndose ademáis cos 400 m. onde lograba una MMP de 58.24 que mellora amplamente os seus 59.54 do ano pasado

Dominio celeste nos 400 m. e na xavelina con Pedro Juncal marcando uns interesantes 48.56 e Jonatas Pereiras con 51.78 m. correspondendo o primeiro posto nos valos curtos para Lucía Ferrer da Gimnástica con 15.43 e e para Miguel Pérez do Lucus con 14.96.

Outras das atraccións foi ver a participación da internacional Saleta Fernández quen se achegaba ata o CGTD nun excelente momento logo de saltar 1.85 en Pamplona fai uns días. Sobre a lona a de Monforte volvería estar por riba dos oitenta, rexistrando 1.81.

Non menos emocioante resultou o concurso de lonxitude ca participación das nosas dúas especialistas do momento Olaia Guisela Becerril do Playas de Castellón e Alba Cuns do Atletismo Negreira, quenes mantiveron un fermoso man a man con triunfo final para a viguesa con 5.59 m. polos 5.55 da negreiresa.

Por último a internacional Lidia Parada mandaría a xavelina ata os 51.80 m. nun concurso domiñado pola líder do ranking nacional e campioa de España, a lanzadora vasca Aratza Moreno con 54.32 m.

As categorías inferiores tamén contarían con espazo nesta cita e onde a Sub16  Xela Martínez da Atlética Lucense racharía o crono na proba dos 600 m. cuns fantásticos 1:38.40 sendo na categoría masculina o triunfo para Jemal Samson do Rías Baixas con 1:28.24. Na proba dos 100 m. os primeiros postos corresponderían para Ainhoa Raparaz do Val Miñor con 12.74 e para Daniel Cariñena do Millaraio con 11.74. Por último o Sub18 Hugo Vázquez do Marineda lograba o mellor rexistro nos 100 valos con 14.82.

A seguinta cita atlética na nosa Comunidade será en seis días ca disputa do Ourense Termal Athletics Meeting 2020

Resultados

Compartir: