Estritas normas de seguridade na volta ás pistas

Todo preparado para que o vindeiro venres arranque o inicio oficial da actividade federada co desenvolvemento do Control federado ¨Voltamos¨ nas pistas do CGTD de Pontevedra.

Logo de exactamente cinco meses sen competicións en pista, son moitas as gañas de participar como amosa o feito de que as solicitudes para tomar parte desbordaran as expectativas estimadas. Por elo e sempre adoptando as escrupulosas normas de seguridade, a Comisión COVID19 en aplicacion do Protocolo, adoptou a medida de non autorizar a participación na proba dos 100 m. dos atletas Sub16 os cales gozarán da oportunidade de tomar parte en varias probas da súa categoría no control que se organizará o vindeiro día 20 de setembro.

Outra das medidas adoptadas que reflexa a nova realidade do noso deporte, foi a de habilitar un enlace de rexistro, na cal deberán anotarse todos aqueles persoas que desexen estar acompañando aos menores de idade no día da proba. Lembramos que a nivel xeral só se permitirá o acceso nos seguintes casos:

  • Acceso de atletas participantes
  • Acceso de adestradores (compre rexistrarse)
  • Acceso de personal federativo autorizado
  • Acceso dun só acompañante ós menores de idade (compre rexistrarse)

Por último incidir na obligatoriedade de encher a folla de declaración responsable que cada atleta debera entregar na cámara de chamadas no momento de ir retirar o seu dorsal.

Ábrese un prazo de reclamación á lista de admisión que remata mañá xoves as 12.00 horas

Lista de preadmitidos/as

Horarios de probas e cámara de chamadas 

Compartir: