Resultados

Continúan as xuntanzas técnicas

Unha nova xuntanza será a que no día de hoxe manteña a Federación Galega co Coordinador da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para tratar de aprobar o protocolo COVID 19 logo de que a Administración autonómica puxera indicacións ao enviado a semana pasada.

A Comisión COVID19 que a Federación crearían para o seguimento e a actualización do citado documento, estaría traballando intensamente para intentar adaptalo á normativa que a Xunta ten estabrecido e cuxa aplicación endurece as medidas adoptadas e plasmadas no texto orixinario en base a unha maior seguridade e prevención.

Aspectos claves da xuntanza serán as de abordar en que medida se poden artellar as especialidades que impliquen concurrencia de atletas sin distancias de seguridade, como as probas que se desenvolven en pelotón por rúa única (medio fondo, fondo e marcha) así como o número de atletas que podrán tomar parte nas probas de velocidade.

Lembramos que a aprobación deste documento é norma indispensable para que se poidan realizar competicións deportivas xa aprobadas e calendadas pola FGA.

Compartir: