O atletismo galego xuntaríase esta fin de semana no Hotel Coia de Vigo para rendir un sentido e emotivo homenaxe a un dos atletas máis importantes da historia do atletismo galego
Alejandro Gómez, é sen dúbida polo seu curriculu deportivo, un dos atletas máis sobresaintes da historia galega do noso deporte. Abanderado da xeneración de ouro do atletismo galego, o atleta de Zamáns representa por arriba de resultados e excelencias deportivas,ser un home capaz de asumir retos, de abordar dificultades e de plantar dura loita contra todos aqueles retos que tanto a nivel deportivo como a nivel personal a vida puxo e está a poñer desgraciadamente no seu camiño.
Ao acto non quixo faltar ningunha institución, nin organismo, nin entidade, nin os moitísimos amigos e seguidores que iría colleitando ao longo destes anos. Nun aforo ateigado, serían moitas as persoas que non poideron estar presentes pero que si quixeron sumarse a este sinxelo pero emotivo recoñocemento. O presidente da World Athletics Sebastián Coe, o Presidente do COI Alejandro Blanco, o presidente da RFEA Raúl Chapado, a campioa olímpica Ruth Beitia entre otras moitas, mandarían vídeos de saúdos e cariño que serían visualizados por todos os alí presentes.
Insignia de ouro da Federación Galega de Atletismo
Isidoro Hornillos presidente da FGA abriría a comparencia, impoñendo a máxima condecoración da entidade ca entrega da Insignia de Ouro, anunciando de igual modo que no sucesivo un dos campionatos máis importantes do calendario autonómico levaría o seu nome, pasando a ser ¨Campionato Galego de 10.000 m. Alejandro Gómez¨
Os clubes de atletismo galegos en especial polos que pasou Alejandro entre otros, quixeron estar tamén presentes nesta homenaxe. Así as palabras de Gilberto Costas do San Migel de Oia, José Angel Serantes do Celta e de Eleuterio García en representación do AVA foron do máis emotivos da xornada.
Para rematar o Concello de Vigo da man do seu concellal de Deportes Manel Fernández e a Xunta de Galicia da man do Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete, distingurían ao homenaxeado con sendos recoñocementos e palabras de gratitude.
Para rematar, Alejandro Gómez visiblemente emocioado e sempre acompañado pola súa inseparable muller a tamén atleta internacional Paula Hernández, dirixiriase a todos os/as asistentes para agradecer a todos e todas a súa asistencia nun breve pero tremendamente emotivo e ovacioado momento que poría o peche a este entrañable acto.