O pasado sábado o DOGA publicaba a relación de galegos/as a galardoados/as ca Medalla Castelao neste ano 2020 en atención aos méritos neles concurridos.
Na relación de premiados está a atleta Ana Peleteiro cuxos importantes méritos deportivos acadados serían decisivos para estar xunto a xornalista Pilar García-Cernuda Lago, o comunicador Xosé Manuel Piñeiro Borrajo, o grupo de música tradicional A Roda, e a Asociación de Amigos do Camino de Santiago.
Lembramos que as medallas Castelao son unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia nos que distingue a obra artística, literaria, intelectual ou de calquera outro tipo dunha personalidade galega distinguida.
Estas importantes distincións comezarían a impoñerse no ano 1984 sendo a riveirense a primeira das atletas en recibila.
Javier Pitillas entre os galardoados no 2006
No ano 2006 outro atleta, Javier Pitillas (47.60 nos 400 m. e home da olímpica Estela Estévez) sería distinguido con esta importante distinción máis no caso deste Sarxento da Policía Local de Vigo teríase en conta a súa importante labor solidaria e social.