A petición expresa da familia, cancélase o acto de homenaxe no que a Federación Galega de Atletismo estaba traballando dende fai varios días e onde se pretendía rendir un fondo recoñocemento a un dos máis importantes atletas da historia do noso deporte.
O entorno familiar, co que sempre se mantivo contacto, á vista da evolución dos últimos acontecementos, considera máis oportuno pospoñer o acto na procura dun maior clima de tranquilidade e descanso para Alejandro. Por tal motivo e sempre dende o absoluto respecto, paralízanse momentaneamente todos os preparativos
Dende a gran familia do atletismo galego queremos aproveitar para mandar todo o noso alento a Alejandro e o seu entorno nestos momentos tan difíciles e duros.