Continúase avanzando cara una relativa volta a normalidade a través das distintas disposicións recollidas no BOE, onde se aproban “medidas de flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional, establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 3 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad”. que entraron en vigor no día de hoxe para as Comunidades que se atopen nela.
Entre elas, establécense distintas disposicións que afectan ao deporte e que recollen os seguintes artigos:
- Artigo.31. Adestramento medio nas ligas non profesionais federadas
- Artigo 32. Celebración de espectáculos e actividades deportivas
- Artigo 33. Flexibilización das medidas relativas á apertura de instalacións deportivas ao aire libre, pechadas e centros deportivos.
- Artigo 44. Turismo activo e actividades deportivas, culturais e recreativas na natureza.