Continúa o ciclo de charlas da FGA en liña

A Federación Galega de Atletismo, continuará este venres co seu ciclo de charlas informativas en liña que deo comezo o pasado día 24 e onde se falou  sobre as consecuencias económicas e os procesos administrativos que as novas lexislacións están a causar entre o tecido atlético.

Para este venres a segunda das charlas programadas ás 20.30 horas, no facebbok live da Federación Galega de Atletismo será a que protagonice a atleta máster internacional, médica de atención primaria e membro da Xunta Directiva da FGA, Teresa Castro Villaverde que falará sobre que tipo de medidas preventivas e hixiénicas adoptar ó sair a correr despois do confinamento. Da mesma maneira tamén poderemos escoitar as súas recomendacións dende o punto de vista médico, sanitario e deportivo sobre esta crise e onde todos e todas poderedes formular preguntas e participar a través do chat da aplicación.

Foto. La Voz de Galicia

Compartir: