A FGA inicia un ciclo de charlas informativas en liña.

A Federación Galega de Atletismo realizará un ciclo de charlas informativas en liña onde se abordarán de mans de profesionais especializados/as, distintos enfoques de actualidade relacionados ca crise do COVID19

A iniciativa xurdiu como consecuencia da gran incertidume existente en moitos aspectos que afectan de maneira moi especial e directa ó noso deporte. Para elo, abordaranse distintas charlas a través das cales se pretende arroxar algo de luz e asesoramento sobre catro grandes bloques que serán basicamente os que afecten á economía, a saude, a xestión, e a planificación.

A primeira das mesmas dará comezo este mesmo venres as 20.30 horas a través de facebook live da Federación Galega de Atletismo e correrá cargo de Rafael Alonso Martínez, responsable dos Servizos Xurídicos da FGA. Nela falarase sobre diversos aspectos relacionados cas consecuencias económicas que esta crise está a causar ós nosos clubs, adestradores e demais persoal con algún tipo de prestación laboral e de como as distintas medidas excepcioais aprobadas recentemente polo goberno, afectarán ós procedementos administrativos dos mesmos.

O ciclo de charlas será cada venres as 20.30 horas e nelas poderanse plantexar a través da canle do chat as distintas dúbidas de cada un dos/as participantes.

Compartir: