A pandemia sigue modificando probas importantes

Durante esta fin de semana a Federación Galega de Atletismo e o Concello da Coruña logo de diversas conversas e de barallar distintos escenarios, veñen de acordar unha serie de medidas para responder ó impacto económico e sanitario como consecuencia da crise pandémica globalizada que está afectando a toda a sociedade.

Tales medidas afectan a varias probas atléticas de rango nacional e internacional que a cidade herculina viña acollendo e que suporán cambios no seu emprazamento.

Para comezar a primeira medida adoptada foi a de cambiar a proba XIV Carreira Popular Coruña 10, prevista inicialmente para o próximo 26 de abril e ubicala para o vindeiro día 4 de outubro do 2020, o que obrigará este ano a cancelación do IX Maratón Atlántica Coruña 42, prevista para esa mesma data.

Outro dos aspectos importantes será a de adiantar o XXXIV Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns da Coruña – Sergio Vázquez, previsto para o próximo 30 de maio a unha data ainda por determinar durante o ano 2020. Lembramos que ó longo da súa historia por esta proba referente a nivel mundial pasaron os máis importantes e lexendarios especialistas da marcha, estando considerada polo máximo organismo Internacional de Atletismo (Word Athletics) como Patrimonio Mundial do Atletismo.

Comunicado conxunto da Federación Galega de Atletismo e do Concello da Coruña

 

Compartir: