Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Variedade nos resultados nas distintas frontes nacionais

Catro importantes frontes nacionais teriamos esta fin de semana onde xunto ós master estarían nos seus campionatos os Sub18 en Valencia, a Selección Galega de Campo a través en Zaragoza e os lanzadores na súa cita nacional de lanzamentos longos en Motril.

Para comezar o Palau Velodromo Luis Puig  acollería a expedición de galegos e galegas que viaxarían ata o Levante para tomar parte no Campionato nacional Sub18 de pista cuberta onde se voltaría cun total de dúas medellas, un récord de Galicia e sete postos de finalistas.

O primeiro dos metáis viría da proba dos 3.000 m. onde se conseguíu un fantástico subcampionato nacional a cargo de Pedro Vázquez Bueno do Real Club Celta quen na final establecía un rexistro de 8:41.9. Con este rexistro o talentoso fondista pontevedrés repite a medalla lograda o ano pasado no nacional Sub16 de Sabadell. Na mesma carreira salientable o quinto lugar de Antón Martínez da Escola Atlética Lucense quen entraría nunha meritoria quinta posición con 8:47.44 (MMP)

Alba Cuns do Atletismo Negreira no concurso de triplo voaría ata os 12.34 m. o que lle permitiu acadar a medalla de bronce. Con este salto a de Negreira mellora a súa marca personal en 13 cm. volvendo ó podio nesta nova categoría logo de que o ano pasado fora Campioa de España Sub16. No mesmo concurso Diaou Diallo do Ria Ferrol lograría unha boa quinta posición de finalista con 12.21 m.

Mala sorte para o céltico David Ngwudile nos 400 m. onde logo de terse clasificado de maneira brillante para a final da distancia quedando a unha centésima do seu récord galego con 50.19, tería problemas na mesma que o relegarían ata a quinta posición nunha proba na que reúne unhas excelentes cualidades. Mesma posición no concurso de pértega para Lola Bouza do ADAS Proinor con 3.40 e Lucía Sánchez del Valle da Atlética Lucense quen nas combinadas sumaría un total de 3.645 puntos o que da mesma maneira representa un récord galego Sub18

Sen abandoar esta modalidade Aitor Fernández da Atlética Lucense sería sexto cunha mellor marca personal de 4.367 puntos ocupando Pablo Alonso do C.A. Santiago, un novo posto de finalista para os nosos no concurso de altura, logo de saltar ata os 1.88 m. e mellorar tres centímetros a súa marca personal

Cambiando de escenario, Motril acollería o Campionato de España de lanzamentos longos onde cabe salientar a medalla de bronce gañada pola lanzadora do Unicaja Carmén Sánchez quen no concurso de xavelina mandaba o artefacto ata os 49.44 m. confirmando o excelente arranque da lanzadora afincada na Coruña dende fai uns anos.

Carlos Revuelta do Maratón en Martelo chegaba ata os 61.49 m. que  lle daban o sexto lugar polos 56.96 m. de Irene Gómez do Valencia que facían que ocupase o sétimo posto.

Para rematar décimo posto da Gimnástica Andrea González en xavelina con 37.17 m. e o noveno en martelo de Yago Araujo do Real Club Celta con 55.33 m.

Campionato de España de Campo a Través

Ata terras aragonesas desprazábase a Selección galega para tomar parte no campionato de España de Campo a Través onde o máis destacado a nivel individual foi a segunda posición do El Medhi El Nabaoui quen debutaba este ano na categoría Sub20 da mellor das maneiras posibles.

Destacado tamén foi a quinto lugar que ocuparía Tariku Novales na categoría Sub23, o mesmo que Uxía Pérez quen na mesma categoría absoluta/Sub23 ocupaba unha moi boa décima posición

Por seleccións o mellor lugar serían para as absolutas quenes a piques estiveron de subir ó podio, malia elo ó final rematarían cuartas. No resto de categorías sexto posto para os Sub23 homes; oitavo lugar para as Sub20 mulleres, e décimos postos para os absolutos e Sub 20 homes.

Compartir: