Importante e numeroso foi o Campionato de Galicia de Pista Cuberta Sub20 e Sub16 que se presenciaría no día de onte nas pistas de Expourense
Ata alí acudiron os preto de 450 atletas que estarían tomando parte en dobre xornada na cita atlética e onde o máis salientable foi o récord galego establecido por Xela Martínez da Escola Atlética Lucense quen na proba dos 1.000 m. deixaría o crono nuns sensacionais 2:53.60 que a colocan de forma destacada como líder do ranking nacional. Toda unha colosal tempada a que está a desenvolver sen dúbida, esta talentosa atleta lucense
A maiores na categoría Sub16 foron destacados os dous metáis acadados por Daniel Cariñeña do Millaraio quen foi bronce nos 60 m. e prata no peso, probas gañadas respectivamente por Lucas Rodríguez do Celta con 7.48 e Fernando Vallines do Maderas Barcia Lourenzá con 13.58 respectivamente.
Daniel Loureiro da A. A Silva gañaría o concurso de lonxitude con 6.04 m. tendo que ceder o triunfo nos 60 valos ante Pablo Cudeiro do Ourense Atletismo quen gañaría con 9.08
Xoel Martínez do A. Mazí lograba o título de campión galego no triplo con 12.70 e a prata no concurso de altura con 1.64 cuxo gañador galego foi Marcos Flecha do ADAS Proinor con 1.67
Martín Vázquez do Lucus facíase co bronce dos 60 valos, acompañando no podio desde o terceiro lugar ó gañador de pértega Oscar Monteagudo da Gimnástica quen chegaría ata con 3.50 m.
Na categoría femina Enma Sihuang do Franciscanos daba mostras da súa calidade facéndose cos títulos galegos nas probas dos 60 valos con 9.34 e co concurso de altura con 1.55
Antía Pernas do Lucus pola súa banda, proclamábase campioa galega nos 60 metros con 7.96 sendo segunda na lonxitude que sería gañada por Nayr Cortegoso do Val Miñor con 4.94. A céltica Carlota Salgado subía ó máis alto do pódium nos 300 m. con 42.25, logrando o bronce na lonxitude
Por último Lisa Vosverg do AVA non daba opcións nos corcurso de peso nin de pértega nos cales domiñaría con solvencia con 10.53 m e 2.90 m. respectivamente.
Xa na categoría Sub 20 foi Raul Cortizo da Gimnástica quen demostrou o seu excelente momento impoñéndose nas probas de velocidade dos 60 m. con 7.11, altura con 1.92 m. e na lonxitude con 6.92 m. nun sensacional campionato de malgaste físico.
Victor Mosteiro do Atletismo Santiago, segundo nos 60 m., gañaría os 200 m. cun excelente crono de 22.40 sendo o triunfo dos valos para Guzmán Carril da Atlética Lucense con 8.60 logo de acadar o bronce nos 60 m.
Yago Boleas da Gimnástica sumaba os metais de prata tanto na pértega como no triplo cuxos campións galegos foron Héctor Martínez do C.A. Santiago con 4.20 m. e Juan Piñeiro do Vila de Cangas con 13.68 m. respectivamente
Por parte feminina, e como era de agardar, Nerea Iglesias do Fontes do Sar impúxose con autoridade nas probas dos 60 m. con 7.81 e nos 200 m. con 25.74, amosando que é a indiscutible líder da velocidade, sector onde tamén destacou Carmen Lozano do Coruña Comarca, logrando o bronce nos 60 m. e a prata sobre o dobre hectómtero.
No medio fondo María Carballido do Friol, sumaría un título sobre os 1.500 m. con 5:39.84 que complementaría ca prata nos 400 m. cuxo triunfo foi parar a Lucía Rivadulla do Ria Ferrol con 58.30.
Ariadna Gil pola súa banda do Vila de Cangas domiñou o concurso de triplo con 11.25 m. cedendo nos valos tan só ante a gañadora María Gómez do Riazor Coruña quen invertiría un rexistro de 9.49.