Logo da resaca da pasada fin de semana que deixaría a celebración dun excepcional Campionato de España absoluto, chegan os últimos importantes eventos indor como é o Campionato de Galicia Sub16 e Sub20 que arrincará mañá a partir das 10.30 horas na pista cuberta de Expourense.
A esta cita acuden un número importante de atletas inscritos/as que superan os 450, moitos dos cales están a ocupar nestos intres os postos importantes no ranking nacional. Como consecuencia delo agárdase unha xornada con bos rexistros a nivel xeral e un bo número de mellores marcas sen descartar que se poida presenciar algún récord galego.
Para comezar na categoría Sub16 a velocidade terá na lucense do Lucus Caixa Rural Galega Antía Pernas ó seu referente ó mesmo que sobre a colchoneta de altura será a subcampioa galega absoluta Enma Sihuang Pérez do Franciscanos. Iván Rego da Atlética Lucense sairá no grupo de atletas que tomen parte na final dos 3.000 m. estando na pértega concursando o claro favorito Oscar Monteagudo da Gimnástica que ven de saltar 3.35 m. Mesma condición de favorito no concurso de peso será a que teña Fernando Vallines do Maderas Barcía Lourenza quen se achega con 13.56 m e onde Lisa Vosberg do AVA non debería ter problemas na pértega onde se achega con 2.85 m.
Na categoría Sub20, nova reedición do autonómico na proba dos 60 m. entre a campioa absoluta Nerea Iglesias do Fontes do Sar e a subcampìoa Cristina Garrido da Gimnástica. Nos homes non memos interesante será presenciar ó subcampión galego Carlos Argibay da Gimnástica quen correrá nos 60 m. e nos 200 m. e onde terá en fronte nada menos que a Victor Mosteiro do C.A. Santiago nun dos platos fortes da xornada.
A inesgotable canteira de valistas lucenses vai estar representada por Gúzman Carril da Atlética Lucense sobre a pista central.
Outra das campioas galegas absolutas cas que contaremos será María Carballido do Friol quen tomará a salida sobre a proba dos 800 m. Lucía Ribadulla do Ría Ferrol nos 400 m. e a subcampioa Ariadna Gil do Vila de Cangas en triplo aportarán calidade a este xa de por si importante evento.
Por último os gimnásticos Raul Cortizo en altura e lonxitude e Yago Boleas en triplo, estarán tomando parte nos seus respectivos concursos ó igual que Héctor Mártinez do C.A. Santiago no salto con pértega.
Novamente a marca líder do sector cárnico Torre de Núñez, estará presente no campionato apoiando ó atletismo galego e agasallando ós participantes con seis lotes de embutidos que se sortearán entre os gañadores/as.