Resultados –  Streaming XXXII Campionato de España Máster en Pista Cuberta

Gala do VII Circuito de Carreiras Deputación da Coruña

Rocío Alvite do SAR Vermut Petroni cun total de 176 puntos e Amador Pena do C.A. O Pino (este ano na S.D Compostela Atletismo) foron os premiados xunto ó resto de galardoadas/os no día de hoxe na Gala de premiacións correspondente á VII Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña 2019 que tivo por escenario o fermoso Pazo de Mariñán.

Ata a localidade de Bergondo acudiron boa parte dos premiados así como a deputada da área de Deportes da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos. O acto contou tamén coa asistencia doutros membros do Goberno provincial coma a deputada de Educación, Sandra González, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo.o deputado de Deportes Cristino capelán, a Deputada de Mocidade Sandra García, e o Deputado de transición ecoloxica Rioboo

O Circuito continúa medrando

Con este ano serán xa oito as edicións nas que se desenvolva este certame, que polas súas características constitúe o evento máis importante destas características de todas cantas se celebran en Galicia, representando ademáis dunha importante oferta atlética, un excelente elemento vertebrador entre os distintos Concellos da provincia.

Clasificación  VII Circuito Deputación da Coruña Carreiras Populares 2019

Palmarés Histórico dos premios Circuito Carreiras Populares Deputación da Coruña

Compartir: