Potente selección galega de cros para o nacional do CSD

Logo das disputas das últimas citas autonómicas e nacionais de campo a través, vense de facer pública a lista de seleccioados e seleccioadas para tomar parte no Campionato de España do CSD de Campo a través por Autonomías para as categorías Sub16 e Sub18 que se levará a cabo en Pamplona o día 15 de marzo.

Importantes nomes son os que figuran nesta lista de doce mulleres e doce homes que se daría a coñecer no día de onte, destacando a presenza da atleta Sub16 Xela Martínez da Atlética Lucense quen se proclamaría campioa de España no nacional desenvolto o pasado fin de semana en Soria.

Xunto á lucense tamén tomarán parte na categoría Sub18 os atletas do Celta que lograron no mesmo escenario o subcampionato nacional, Pedro Vázquez (subcampión de España o ano pasado na categoría Sub16) Hugo García e Alex Goberna.

Ademáis dos citados, compre salientar a selección de Nicolás López da E.A. Betanzos na Sub16 e de Carla Guisande do Beade na Sub18, como actuáis campións galegos das súas categorías

No tocante a resultados, a selección aspira a colleitar algún podio tanto no individual como no colectivo, clasificación esta última onde o ano pasado quedarían as portas logo de ser cuartos tanto na Sub16 homes como na Sub18 mulleres

Selección Galega Feminina Sub18

  • Carla Guisande (CSRC Beade)
  • Nerea Lage (A.Friol)
  • Inés Docampo (ADAS Proinor)
  • Lucía Varela (LUCUS CRG)
  • Isabel Caeiro (A.Lucense)
  • Aldara Fonseca (CSRC Beade)

Selección Galega Masculina Sub18

  • Pedro Vázquez (R.C.Celta)
  • Hugo García (R.C.Celta)
  • Carlos López (A Gándara)
  • Iker González (A.Lucense)
  • Antón Martínez (A.Lucense)
  • Alex Goberna (R.C.Celta)

Selección Galega Feminina Sub16 

  • Xela Martínez (A.Lucense)
  • Sara Guedes (A. Lucense)
  • Marcela Morgado (S.D.doTrega)
  • Laura Carracedo (A. Estrada)
  • Carmen Aguiño (S.M.Marín)
  • Anxela Seoane (Ourense A.)

Selección Galega Masculina Sub16

  • Brais Picón (Fontes do Sar)
  • Nicolás López (E.A.Betanzos)
  • Héctor Rodríguez (Ourense A.)
  • Sergio Prieto (A.Estrada)
  • Sergio Quintas (Ourense A.)
  • Ignacio Maroño (Riazor Coruña)

Compartir: