Resultados

O galego absoluto indor quenta motores

O evento máis importante da tempada de pista cuberta, chega este domindo a Expourense da man do XXXV Campionato Galego Absoluto de Pista cuberta ca presenza de 156 homes e 185 mulleres na procura dos títulos galegos en xogo da especialidade invernal.

Entre a relación de inscritos e inscritas,  cabe salientar a presenza do atleta olímpico en Río-16 Jean Marie Okutu quen tomará parte nos 60 m. e no concurso de lonxitude, proba esta na que ten unha MMP de 8.17 m e onde este ano chagaría ata os 7.74 m. que serán intento de mellora en Ourense. No que atinxe a categoría feminina será sen dúbidas a presenza da mundialista Belén Toimil  quen centrará todas as atencións logo de que recentemente lanzara ata os nada menos que os 17.21 m.que a fan liderar o ranking nacional do concurso.

O internacional Mauro Triana tomará parte na proba dos 200 m. onde se medirá a un gran Sergio Rodriguez que ven de establecer a segunga mellor marca de todos os tempos na distancia con 21.75. Pedro Juncal do Celta nos 400 m. así como o Gimnástico David de la Fuente nos 800 parten como favoritos nas súas probas. Máis igualada estarán os 1.500 m. entre Pablo Bocelo do Narón e Carlos Porto da Gimnástica con tan só medio segundo de diferenza entre ambos.

Alex Fernández do Ourense Atletismo ensaiará nos 3.000 m. o que será a súa actuación no nacional unha semana despóis. Xa nos valos Miguel Pérez do Lucus terá a responsabilidade de defender a hexemonía lucense desta proba acadada durante os últimos anos.

Nos concursos unha interesante loita en triplo entre Alberto Elena do Celta con 14.69 m. e Alex Barreiro do Lugo Runing a 8 cmt. do vigués, farán as delicias de todos cantos se acheguen ata o recinto cuberto. Non nos esquecemos da pértega e da participación do Sub20 Hector Martínez do At. Santiago quen loitará ó título a Santi Ferrer da Gimnástica ante a ausencia do campión actual Miguel Cajaraville.

Novamente Victor Gallego seguirá sendo un ano máis o claro favorito ó concurso de peso, onde continuará engadindo ó seu palmarés novos triunfos que xa fan del o galego con máis ouros autonómicos absolutos acadados.

A igualdade será a tónica nas probas femininas

A internacional Nerea Iglesias do Fontes do Sar, quen ven domiñando a velocidade nos últimos tempos, aspira a doblar tanto nos 60 m. como nos 200 m. como xa fixera o ano pasado, sendo as atletas do Ría Ferrol Lucía Rivadulla  nos 400 m., Irene Barreiro nos 800 e a internacional Lucía Sicre tamén nesta mesma proba, quenes a priori conten con moitos enteiros para estar no máis alto do podio.

A bronce no galego de campo a través, Leti Fernandez do Valencia Atletismo, terá enfronte a internacional Eva Arias na proba dos 1.500 m. onde ambas están chamadas a encher de emoción o recinto na loita polo título galego. Na proba dos 3.000 m. Noelia Sánchez do Atletismo Friol figura ca mellor marca das participantes sendo nos 60 valos onde tomen parte Antía Martínez, Tere Rodríguez e a máster internacional Emma Valencia.

Os concursos estarán bastante igualos a nivel xeral, o que nos permitirá ver as evolucións da lucense Lucía Sánchez del Valle quen estará concursando tanto na altura como na lonxitude. Nestas probas terá fronte a ela tanto a Eva Queimaño como a Alba Cuns como importantes rivais directas.

Bea Viteri parte como clarísima favorita en pértega sendo o triple un excelente motivo para  disfrutar novamente dunha fermosa loita entre Diaou Diallo do Ría Ferrol e  Alba Cuns do Negreira

Foto de portada: Fotocarlosgrafias

Compartir: