Resultados

Seguen as xornadas “Lugo co deporte, Deporte con Corazón”

O vindeiro venres día 28 de febreiro terá lugar una nova xornada co ciclo Lugo co Deporte, Deporte con Corazón do que toma parte a Federación Galega de Atletismo xunto a outras Federacións Autonómicas.

O ciclo de charlas coloquio desenvolverase no Auditorio O Vello Cárcere de Lugo dende as 17.15 ata as 21.00, contando na primeira das ponencias ca Dra. Madó González Fernández en calidade de Coordinadora da Comisión Intersectorial da Psicoloxía e Deporte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e responsable do Departamento de Atención Psicolóxica da Federación Galega de Atletismo, encadrado dentro do Plan Galego de Tecnificación Atlética que relatará as experiencias de “Running para mulleres: experiencia dende o club La Mochila do Deporte”.

Tamén tomarán parte na xornada a Dra. Paula Álvarez Castro, Especialista en Endocrinoloxía e Nutrición e Médica adxunto de Endocrinoloxía no HULA; Lucía Piñeiro Cuadrado, Investigadora graduada en Inef, Deportista de elite e preparadora física do Real Club Deportivo de la Coruña Feminino, e Patricia Pontón Pérez, Fisioterapeuta especializada en chan pélvico e Vicepresidenta da Asociación Galega de fisioterapia en pelviperineología.

A entrada é de balde

 

Compartir: