Seguimos avanzando no calendario de pista cuberta, que nos levará ata Salamanca os dias 15 e 16 para presenciar os/as 18 atletas que estarán tomando parte no Campionato de España Sub23 .
Entre a relación de galegos e galegas desprazados/as, destaca a presenza nos 800 m. do internacional e campión de España Sub 20 do ano pasado, Elian Numa López do Coruña Comarca, quen estrea categoría con 1:53.62. Nas combinadas femininas, opcións para a atleta do A.F. Celta e tamén internacional Eva Queimaño, quen estará na loita polos postos importantes da competición.
Con importantes opcións de estar na loita polos postos de finalistas se atopan Ana Juncal do A.F. Celta en pértega; Laura Santos do Lucus CRG nos 3.000 m; Jaime Arias do Riazor Coruña no concurso de peso; Luis del Río do Celta nos 800 m; Lucía Ferrer da Gimnástica nos 60 valos e Uxía Paz en triplo do A.F.Celta
Non menos importantes poderán ser os obxectivos de mellora de rexistros persoais dos atletas que tomarán parte nos 60 m. Andrea de Paz do Coruña Comarca, e Lucía Ferrer e Claudia Torres da Gimnástica (atleta esta última quen sairá tamén nos 200 m.). Adrián Lage do Coruña Comarca figura na relación dos 1.500 m. xunto a Inés Blanco do Lucus CRG e Inés Costas do A.F.Celta. Santiago Rozas do Lucus CRG será a aposta do sector “talismán” lucense, os 60 valos. Por último no triplo, presenza de Alexandre Barreiro do Lugo Runing, Pablo Saa do Real Club Celta e Saray Amoedo do Vila de Cangas