En apenas unhas semanas a nosa Comunidade acollerá o acontecemento atlético máis importante do calendario nacional de pista cuberta ca celebración do Campionato de España Absoluto na pista sintética de Ourense
Esta importante celebración permitirá os miles de asistentes achegados, poder presenciar en vivo e directo ás máis importantes figuras nacionais e mundiais do momento. De igual modo, o atractivo do calendario (dous dias) fará posible vivir toda a emoción dun espectáculo deportivo destas características, onde a venda de entradas vai a un ritmo frenético
Riazor,o referente histórico
O importante retraso na dotación dunha instalación cuberta acorde ás necesidades do noso deporte, fixo que durante máis de corenta anos se tivera que empregar a pista de Riazor para todo tipo de probas e onde malia elo, sería escenarío das disputas nos anos 1972 e 1974 dos Campionatos de España Sub20. Dende aquel entón, terían que pasar nada menos que 44 anos para que xa unha flamente, moderna e avanzada pista de cuberta de Ourense, acollera no 2018 o Campionato de España Sub20 e no 2019 o Campionato de España máster como antesala a celebración a finais deste mes do nacional absoluto.
Deixando a un lado a pista cuberta, moitos e variados campionatos de España se teñen celebrado dende 1921 na nosa comunidade, destacando os vinte seis acontecidos no aire libre en todas as súas categorías así como os dazaseis de campo a través e ruta. Por cidades, A Coruña con quince, Vigo con doce, Ourense con nove e Santiago con seis, son os lugares onde máis edicións se teñen organizado nas súas distintas modalidades e categorías.
CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE AIRE LIBRE
- 1921 Vigo Absoluto
- 1944 Vigo Sub16
- 1946 A Coruña Sub16
- 1948 A Coruña Combinadas
- 1957 A Coruña Absoluto
- 1962 A Coruña Absoluto
- 1976 Vigo Máster
- 1982 Santiago Absoluto
- 1984 Vigo 5.000 e 10.000 m.
- 1985 A Coruña 10.000 m. Femenino
- 1987 A Coruña 10.000 m. Femenino
- 1988 Vigo Absoluto
- 1989 Ourense Sub23
- 1991 Vigo Máster
- 1997 Pontevedra 5.000 e 10.000 m.
- 2002 Ourense Máster
- 2003 A Coruña Sub20
- 2003 Pontevedra 5.000 e 10.000 m.
- 2004 Ferrol Sub16
- 2006 Ferrol Sub23
- 2006 Ourense Sub16
- 2008 Lugo Sub16
- 2008 Vigo 5.000 e 10.000 m.
- 2009 Pereiro A. Clubs Máster
- 2010 Vigo Federacións Autonómicas
- 2011 Pontevedra 5.000 e 10.000 m.
CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS
- 1930 Vigo Absoluto
- 1958 Vigo Absoluto
- 1967 Santiago Universitario
- 1985 Fene Absoluto
- 1989 Baiona Absoluto
- 1993 Vigo Cros por clubs
- 2000 Santiago Universitario
- 2000 Ourense Absoluto
- 2001 O Burgo Absoluto
- 2002 Santiago Universitario
- 2003 Ourense Máster
- 2004 A Rúa Máster
- 2004 Santiago Absoluto
- 2005 Santiago Sub16/Sub20
- 2010 A Coruña Máster
- 2012 A Coruña Sub16/Sub20/Universitario
CAMPIONATOS DE ESPAÑA EN RUTA
- 1968 Vigo Maratón
- 1994 Ourense Marcha
- 1998 Ourense Marcha
- 2002 A Coruña Marcha
- 2003 Ourense Marcha
- 2004 Ribadavia Medio Maraton
- 2009 Ribadavia 10 Km. Ruta
- 2012 O Barco Milla
- 2012 A Coruña Marcha (Sub20)
- 2012 Pontevedra Marcha
- 2013 A Coruña Maratón
- 2014 Padrón 10 Km. Ruta
- 2014 A Coruña Media maratón
- 2015 Cuntis Marcha Promoción
- 2015 Esgos Montaña
- 2016 Marín Milla
CAMPIONATOS DE ESPAÑA EN PISTA CUBERTA
- 1972 A Coruña Sub20
- 1974 A Coruña Sub20
- 2018 Ourense Sub20
- 2019 Ourense Máster