A selección galega de marcha á procura do nacional

A proposta do Responsable do sector Carlos Morales e do Director Técnico da Federación Galega de Atletismo Carlos Castro, acábase de facer pública a relación de integrantes que tomarán parte ca Selección Galega no Campionato de España Sub 20 e Sub 16 de marcha por Federacións a celebrar o vindeiro 16 de febreiro en Torrevieja.

A esta importante cita da especialidade, acuden un total de 20 marchadores/as que terán como obxectivo estar preto dos postos importantes da competición.

Na relación de seleccionadas/os destaca a presenza do recente campión galego de inverno Roberto Vieiro do C.A. Santiago na categoría Sub20, quen loitará por mellorar a quinta posición do ano pasado no Vendrell. El será o encargado de liderar un equipo que intentará novamente estar en postos de podio como xa fixera no 2019. Hugo Martínez do Lucus C.R,G. e finalista no ano pasado, tamén estará na línea de saida.

Por parte feminina será Iria Rivas do Ria Ferrol-CCA (7ª o ano 2019) quen asuma os galóns do equipo co fin de procurar a mellora do sétimo lugar do ano pasado.

No que atinxe a categoría Sub16, a baixa de Brais Manso do Ourense Atletismo merma as aspiracións da selección na loita por equipos, malia que sigue a ser un conxunto a ter moi en conta. O actual campión galego Brais Suárez do Rungalicia-intersport será quen encabece este grupo que terá nos lucenses da Escola Atlética Pablo Sánchez e Elías Klein ,que xa saben o que é estar nun podio nacional, a dous importantísimos efectivos.

Nas mulleres, Aldara Meilán da Escola Atlética estará ó fronte dun combinado moi reforzado con respecto ó ano pasado onde foron quintas, e do que pola súa calidade, agárdase un bo comportamento.

Para o responsable da selección Carlos Morales, “Este ano acudimos con catro equipos moi competitivos e compensados dos que si teño que destacar algo, ademáis da calidade deportiva, é a o formidable ambente e mentalidade de equipo e selección que posúen”

Xunto a Morales, viaxarán os membros do equipo técnico Francisco Javier Vázquez e Fito Fernández.

INTEGRANTES DA SELECCIÓN GALEGA

Sub16 Mulleres

  • Aldara Meilán García (Escola Atlética Lucense)
  • Natalia Rivas Iglesias (C.Atletismo Cuntis)
  • Marina Pajón Area (Ría Ferrol – C. Arenal)
  • María Martín Rodríguez (ADAS Proinor)
  • Salomé Segade Buide (C.Atletismo Millaraio)
  • Reserva: Carmen Fernández Acuña (Beade)

Sub16 Homes

  • Brais Suárez Tesouro (Rungalicia – Intersport)
  • Pablo Sánchez Rivas (Escola Atlética Lucense)
  • Elías Klein Otero (Escola Atlética Lucense)
  • Miguel Alvariño Liranzo (Escola Atlética Lucense)
  • Javier Malingre Sánchez (Ourense Atletismo)
  • Reservas: Brais Manso Delgado (Ourense Atletismo) e Carlos Bautista Bugarín (Atlet. Porriño)

Sub20 Mulleres

  • Iria Rivas Iglesias (Ría Ferrol – C. Arenal)
  • Sofía Campos Ares (C.Atletismo Santiago)
  • Alba Pérez Nieto (C. Atletismo Negreira)
  • Celia Carracedo Pérez (ADAS Proinor)
  • María Aboy Ruibal (C. Atletismo Cuntis)
  • Reserva: Rita Vázquez González (Ourense Atletismo)

Sub20 Homes

  • Roberto Vieiro Pérez (Club Atletismo Santiago)
  • Nicolás Iglesias Vilela (Club Atletismo Santiago)
  • Roi Surribas Porto (Sociedad Gimnástica de Pontevedra)
  • Ismael Díaz Sánchez (Club Atletismo Sada)
  • Hugo Martínez Casanova (Lucus Caixa Rural Galega)
  • Reserva: Manuel Labella Blanco (Club Atletismo Millaraio)

Compartir: