A Federación Galega de Atletismo ven de poñer en funcionamento o programa “Xogando co Atletismo” na Mariña de Lugo
Este programa de iniciación ao Atletismo terá lugar en diferentes colexios da Mariña de Lugo para o acercamento do noso deporte aos máis pequenos/as e contará coa coordinación do responsable na comarca, Raúl Redondo González Ares.
Deste xeito nesta primeira semana, desenvolveranse actividades de iniciación ao Atletismo nos colexio CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo e no CEIP Península da Paz de San Ciprián, á vez que se levará a cabo en diferentes centros educativos da comarca ao longo destes próximos meses.
As actividades serán impartidas polo propio Raúl Redondo González e pola destacada atleta Olga Vicente, na actualidade na categoría máster e asentada na costa de Lugo.
O Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Jesús Vázquez destacou que “é un importante paso adiante para que as/os nenas/os coñezan o atletismo en diferentes vertentes dende os centros educativo” subliñando e agradecendo de igual forma “… o gran papel levado a cabo por Raúl Redondo, e polos diferentes colexios e asociacións na súa colaboración e desenvolvemento”.