Presentouse o Galego de Marcha en Ruta

Acabase de presentar no Concello de Marín a edición trixésimo primeira do Campionato de Galicia de Marcha en ruta que percorrerá as rúas do concello da comarca do Morrazo este sábado a partir das 16.45 horas

Nesta importante cita da especialidade, tomarán parte preto de cento cincuenta marchadoras e marchadores para as categorías de Sub10 en adiante e onde poderemos ver algunhas das/dos principais especialistas do sector

O principal prato forte será sen dúbida a categoría feminina, onde contaremos ca asistencia confirmada de internacional Antía Chamosa quen esta tempada defende as cores da Gimnástica de Pontevedra. Esta atleta en firme progresión, conseguiría o ano pasado a 5ª posición no Campionato de Europa Sub23 de Suecia.

Xunto ela estarán tomando parte Carmen Escariz (Alcampo Scorpio-71), Samatha Mulloni (C.A.Valladolid) e Iria Rivas  (Ria Ferrol-CCA) as cales, e ante a ausencia de Mar Chillón, estarán na loita polos postos de podio.

Nos homes a baixa por neumotórax de Daniel Chamosa, será con toda seguridad aproveitada por Roberto Vieiro (C.A.Santiago) quen deixará a Cidade Condal onde se atopa estudando e adestrando por uns días, para tomar parte neste campionato onde defende título. Tanto Juan Manuel Morales do Marineda (medallista europeo o ano pasado na categoría máster e bronce no galego 2019) como José Fernández Nieves do Real Club Celta, que da mesma maneira viaxará dende Mallorca para compitir neste autonómico onde foi subcampión na pasada tempada, están chamados a ocupar posicións de medallas.

A nivel estatístico os clubs do Atletismo de Cuntis e do Atletismo Friol, son os que máis número de marchadores/as presentan a este campionato.

Guía Campionato de Marcha en Ruta. Marín 2020

Compartir: