Fin de semana de intensa actividade de pista cuberta que tería no Campionato de Galicia de Probas combinadas un dos seus principais focos de atención
Novamente e como era previsible, os atletas do Celta Eva Queimaño con 3.399 puntos e Adolfo Saínz-Maza con 4.467 puntos, revalidarían os seus títulos de campións galegos absolutos da especialidade acadados o ano pasado e onde xunto eles, compartindo podio, estarían Lucía Sánchez (3.303 p.) e Lucía Seijas da Atlética (2.929 p.) Lucense así como Adrián Carreira do A.Narón con 2.468 puntos. Cabe salientar que a primeira posición na categoría feminina correspondería a atleta venezolana ex-céltica e con ficha galega, Nediam Nori Vargas do Playas de Castellón quen sumaría un total de 3.879 puntos
No resto de categorías triunfos tamén para
- Sub16. Carlota Salgado do A.F.Celta con 3.027 p. e Joel López do A.Narón con 3.315 p.
- Sub18. Lucía Dopico do A.F. Celta con 2.648 p. e Aitor Fernández do A.Narón con 4.232 p.
- Sub20. Pablo Barges do R.C.Celta con 3.116 p.
Xa no Campionato de Galicia Máster producirianse boas actuacións en conxunto, sendo as/os os nova/os campións galegos do 2020 os seguintes atletas:
- F35. Eva Castro (A.Narón) 3107 p.
- F40. Cristina Estévez (A.F Celta) 3012 p.
- M40. Victor José Méndez (A. Rías Baixas) 2.382 p.
- M45. Juán Luis Paz (Marineda A.) 3.077 p.
- M50. José Cabado (A.Santiago) 2889 p.
- M55. Alberto Vázquez (A Silva) 2853 p.
- M60. Carlos Ferrer (A.Narón) 3258 p.
- M65. Luis Manuel Eyre (U.Santiago) 3107 p.