Continúa a pista cuberta centrando a actividade atlética oficial nesta fin de semana tanto en Ourense como no módulo cuberto de Lugo.
Precisamente a cidade termal centrará os principais puntos de atención ca disputa dos Campionatos de Galicia Sub23 e de Probas Combinadas
No primeiro deles tomarán parte preto de oitenta atletas nas distintas probas programadas na que se contará ca presencia da xavelinista internacional Andrea González da Gimnástica tomando parte no concurso no peso.
Haberá presumiblemente duelos moi interesantes en varias probas como os que manterán en velocidade as gimmnásticas Lucía Ferrer e Claudia Torres nos 60 m., a tamén pontevedresa Xiana González contra a céltica Andrea Pais nos 200 m. ou a de Judith García da Atlética Lucense e Rosalía Rodríguez nos 400 m.
Na categoría masculina igualdade nos 60 m. ca presenza de Santiago Rozas do Lucus C.R.G., Jacobo Soler do Rías Baixas e Alexander Barreiro do Lugo Running, atleta este último quen tamén tomará parte nun interesante concurso de lonxitude e triplo xunto a Pablo Saa do Real Club Celta
O mesmo escenario de Expourense acollerá o sábado e domingo ó Campionato de Galicia de probas combinadas onde os célticos Eva Queimaño e Adolfo Saínz Maza parten como principais favoritos ó título autonómico na categoría absoluta. Ambos defenderán o título colleitado o ano pasado en Lugo.
Paralelamente a estos campionatos e aproveitando a “benevolencia” do horario, aproveitarase para organizar dous novos controis o sábado e domingo cunha concorrida participación de atletas que buscan os primeiros rexistros importantes do ano de cara ás importantes citas que se aveciñan.
Para rematar, o módulo cuberto de Lugo organizará a primera das sete xornadas correspondente a X Copa Deputación de Lugo 2020