O campo a través entra en escena

Como cada ano por estas datas as probas de campo a través marcarán a axenda atlética no primeiro trimestre do ano.

En concreto foron as citas do Cros Ponte Romana, o Guillelme Brown, Mondego e Portomarín quenes xunto as distintas fases do XOGADE xa disputadas, abriron esta importante especiliadade para o noso atletismo dende o pasado mes de novembro.

Despois do paréntese do Nadal, retómase novamente a axenda atlética onde as dúas importantes citas deste mes serán, sen lugar a dúbidas, tanto o Memorial Alejandro Lorenzo como o Campionato de Galicia de Relevos, que terán novamente no concello de A Rúa a súa sede. Malia elo previamente contaremos ca celebración da proba organizada polo AVA do XIX Cros Andrés Abanqueiro no día 12 de xaneiro no Campus Lagoas-Marcosende da Unviersidade de Vigo  e cuxas inscripcións están abertas ata o día 9 de xaneiro

Nese mesmo día, o concello coruñés de As Pontes acollerá o seu III Cros Popular Vila de As Pontes organizado polo Club Olympico da mesma localidade na Carballeira de A Fraga, estando abertas as inscripcións neste caso ata o mércores día 8.

Outras importantes citas de cros para este mes serán:

Compartir: