Logo dos típicos días de festa, celebracións e lecer, comeza pouco a pouco a normalidade a volver á axenda atlética federada.
Este primeiro mes do ano, preséntanos cunha ampla cantidade de campionatos entre os que destacan o día 11 a Copa de Galicia de Clubs que porá en funcionamento a engranaxe das formacións de cara ó importante ano que comeza. Un día despóis, e sen abandoar a cidade das Burgas, a III Copa de Galicia de Clubs máster verá en escea ós/as nosas/os veteranas/os na loita polo primeiro título do ano desta categoría.
A mediados do mes, Antequera acolle unha importante edición do Campionato de España Sub20 de pista cuberta con importante presenza galega, sendo o Campionato autonómico de probas combinadas o día 18 e 19 e o Campionato de Galicia Sub23 quen marque a axenda galega.
Rematará este primeiro mes ca cita internacional amigable de combinadas en pista cuberta o día 25 e 26 en París, deixando lugar para que a mesma fin de semana Zaragoza sexa sede do Campionato de España Sub16.
No campo a través o Memorial Alejandro Lorenzo xunto o Campionato de Galicia de Relevos, pechará este mes o día 26 de xaneiro