Presentamos un avance da “I Liga de running. E para correr…Lugo” que se estreará no 2020.
Esta Liga estará formado por oito carreiras, que completan os distintos circuitos que se están a celebrar polas Deputacións, provincias, comarcas e concellos da nosa xeografía, e na que para poder puntuar haberá que ter tomado parte en a lo menos seis probas.
Segundo José Manuel Peña, delegado da FGA en Lugo e impulsor deste proxecto ” Intentamos con esta liga fomentar as nosas probas e sobre todo chegar ó rural promocionando o noso deporte e incidindo no aspecto dos hábitos saudables que a práctica deportiva entraña completando todo elo con visitas e charlas ós centros de ensino” sinalando ademáis ” Quero salientar a excelente acollida e aceptación que tería por parte dos Concellos involucrados así como dos colaboradores que fan este novo proxecto posible como son Torre de Nuñez, Deporte A Chaira, #Caixabank, Marcos Veiga Arias “
Neste circuito haberá un premio en metálico para as/os 3 primeras/os clasificadas/os absolutas/os así como un trofeo para as/os 3 primeiras de cada categoría. Da mesma maneira haberá importantes vales canxeables por material deportivo para as categorías inferiores agasallo de Deporte A Chaira e unha Gala Final de premiación ó remate da Liga.
Nas vindeiras datas irase informando e ampliando máis información.
A primeira proba desta Liga será a III Carreira Popular Concello Castro de Rei do 12 de xaneiro onde as inscricións podense efectuar ata o vindeiro 8 de xaneiro.
Probas da “I Liga de running. E para correr…Lugo”
- 12 de xaneiro: III Carreira Popular Concello de Castro Rei
- 01 de marzo: III Carreira popular Campus Terra Leyma (Lugo)
- Maio 2020: II Carreira Popular Concello de Cospeito (a designar data)
- 20 de xuño: III Via verde do Eo (A Pontenova)
- 5 de xullo: VI Carreira Popular de Sande
- 10 de outubro: XI Carreira Popular de Xermade
- 17 de outubro: XII Carreira Popular Concello do Corgo
- 01 de novembro: I Carreira Popular A Pastoriza