Por orde do presidente da Federación Galega de Atletismo, convócase aos membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada a unha xuntanza que terá lugar en Parador dos Reis Católicos (Santiago de Compostela) o sábado, 28 de decembro 2019 ás 11:30 horas (1ª convocatoria) e ás 12:00 horas (2ª convocatoria).
A efectos de reservar o xantar, prégase confirmación de asistencia, no email secretaria@atletismo.gal, antes do xoves 26 de decembro do 2019.
ORDE DO DÍA
- Saúdo do Presidente.
- Aprobación, se procede, das actas das xuntanzas anteriores, presenciais e por Counclibox.
- Estudo e debate, das propostas presentadas polos asembleístas.
- Estudo e aprobación se procede, das solicitudes das sedes dos diferentes Campionatos de Galicia 2020*.
- Estudo e aprobación se procede, do calendario de competición da tempada 2020, memoria técnica 2018/19 e normas técnicas 2020.
- Rogos e preguntas. (Concederase un tempo máximo de 10 min para a exposición de cada candidatura, por parte dos organizadores ou representes)