As/os máster miran xa á Copa de Clubs

O vindeiro día 12 de xaneiro a F.G.A organizará en Ourense a III Copa de Galicia de Clubs Máster en Pista Cuberta.

Nesta emocioante proba, poderán intervir un total de 8 clubs que mellor puntuación obteñan mediante estadillo de marcas que se deberán presentar na intranet como data límite o día 02 de xaneiro de 2020 ás 20:00h.

Cada club poderá presentar un só equipo por sexo, e cada atleta poderá participar en dúas probas individuais ou unha proba individual e un relevo. Admítense tres participacións de atletas estranxeiros así como tres actuacións de clubs asociados .

Emoción nos resultados

En canto ós pronósticos femininos o Samertolameu aspirará presumiblemente a acadar un novo título que leva mantendo e defendendo dende a primeira edición. Nos homes, haberá que ter moi presente tanto ó ADAS Proinor como ó Marineda Atlético, gañadores nas dúas primeiras edicións sen esquecer a Atlética A Silva que sempre estaría presente no podio nesta categoría.

Esta proba será unha boa opotunidade, xunto co galego individual da categoría, de ver en acción a algúns dos nosos/as máis importantes e internacionais atletas máster.

Compartir: