O santo máis atlético instálase en Galicia

Ca chegada destas datas e do Nadal, son moitos os Concellos e entidades que ofertan unha ampla gama de actividades culturais, sociais e deportivas para desfrute e lecer dunha sociedade cada vez máis activa e dinámica.

Aproveitando as festas, xurdiron nos últimos anos un importante número de San Silvestres que durante o día 31 e anteriores, toman as rúas das vilas e concellos galegos na procura de despedir o ano dun xeito deportivo, pero tamén, festivo, lúdico e sobre de todo participativo. Coma sempre a tónica dominante é a gran participación, de milleiros de persoas que compiten, moitos deles disfrazados, na procura dun remate do ano o máis atlético posible.

As orixes

Moitos cren que a San Silvestre naceu en São Paulo (Brasil) máis a primeira edición brasileira desta coñecida carreira data do ano 1925. Comezaba a noite do 31 de decembro e acababa o 1 de xaneiro. Durante o percorrido, os competidores portaban fachos para iluminar o camiño.Con todo, ao contrario do que se pensa, a San Silvestre brasileira inspirouse nunha carreira parisiense que se celebraba o día 1 de xaneiro na que os participantes tamén percorrían as rúas da capital francesa cargados con fachos. O xornalista brasileiro Casper Líbero tomou esta idea francesa e levouna ao seu país, dando lugar á que se convertería na San Silvestre máis lonxeva e continuada no tempo.

Si todo esto acontecía no extranxeiro, sería no ano 1961 na localidade de Galdácano onde se disputara a primeira San Silvestre datada en España, malia que o evento non tería continuidade, tendo que agardar ata tres anos despois para que un galego, Antonio Sabugueiro, creara unha das primeiras precursoras e unha das máis importantes a nivel mundial – xunto a de São Paulo e a de Nueva York -, a San Silvestre Vallecana.

Desde entón, e xa na nosa comunidade, serían moitas as probas deste tipo que proliferarían co paso dos anos, sumándose as xa existentes no resto do Estado. Entre elas, e das incluidas no calendario oficial deste ano, as máis veteranas son  San Silvestre Concello de Fene e a San Silvestre da Santiago de Compostela quenes se achegan a súa sétima edición. A San Silvestre Ourensá con catro edicións e a San Silvestre de Ordes e San Silvestre de Monterroso ambas con tres, forman parte temén desta importante oferta de Nadal.

Por útimo salientar o debut da I San Silvestre Solidaria Concello de Porriño que completa a importante oferta lúdico-deportiva destas datas.

Compartir: