Resultados

Convocatoria da Asemblea Xeral e Comisións de Traballlo

A Federación Galega de Atletismo segindo as normas que determinan os artigos 18º e 22º dos Estatutos da propia Federación Galega de Atletismo convoca para o sábado 28 de decembro as 17.00 horas (en segunda convocatoria) no Parador dos Reis Católicos de Compostela a Asemblea Xeral Ordinaria cos seguintes puntos do día:

  1. Saúdo e benvida do Presidente da FGA.
  2. Aprobación se procede da acta da asamblea anterior
  3. Informe do Presidente da FGA.
  4. Informe do Comité Galego de Xuíces da FGA
  5. Informe do Secretario Xeral da FGA
  6. Informe da Dirección Técnica da FGA
  7. Estudo e aprobación, se procede, do Calendario de Competicións e normas técnicas da tempada 2020.
  8. Aprobación, se procede, da liquidación definitiva do ano 2018.
  9. Aprobación, se procede, da liquidación provisional do ano 2019.
  10. Ratificación, se procede, da normativa de licenzas 2020 aprobada pola Comisión Delegada da Asemblea Xeral.
  11. Aprobación, se procede, do proxecto de orzamento para o ano 2020.
  12. Aprobación, se procede, do Plan Galego de Tecnificación 2020.
  13. Aprobación, se procede, do protocolo contra o acoso sexual.
  14. Aprobación, se procede, das propostas de melloras sobre os recintos atléticos en Galicia.
  15. Estudo e debate das propostas presentadas polos/as asembleístas e Órganos de Goberno da FGA.
  16. Rogos e cuestións dos membros da Asemblea.

Convocatoria das distintas Comisións de traballo

Do mesmo modo convócanse previamente ás diferentes comisións de traballo para o estudo e debate das propostas presentadas polos/as asembleístas e Órganos de Goberno da FGA á Asemblea Xeral Ordinaria.

Os integrantes destas comisións están chamados o día 28 as 15.30 horas no Hostal Reis Católicos en Compostela

Compartir: