A marcha abre axenda

A Federación Galega de Atletismo ven de convocar a través da súa Circular 98/2019,  unha concentración do sector de marcha a proposta do seu responsable Carlos Morales para os días do 2 ó 5 de xaneiro en Mourente (Pontevedra).

A esta xornada de tecnificación están convocados un total de 38 marchadores e marchadoras das categorías Sub16 e Sub20 así como máis dunha veintena de adestradoras/es. Dentro da política de formación que durante os últimos anos se está desenvolvendo, a esta concentración tamén poderán asistir (previa solicitude) aqueles técnicos que así o desexen ca finalidade de adquirir coñocementos específicos dos sistemas de adestramento da modalidade.

Lembramos que COMPRE CONFIRMAR ASISTENCIA (ver circular)

Campionato de España de Promoción da especialidade

Por outra banda esta fin de semana acontecerá na localidade pacense de Azagua unha nova edición do Campionato de España de marcha de promoción de inverno á cal acuden un total de dez atletas galegas/os

  • 5.000 Sub16 (Homes): Brais Manso (Ourense Atletismo)
  • 3.000 Sub16 (Mulleres): Sofía Campos e Salomé Segade (Millaraio), María Pajón (Ria Ferrol), Ainhoa Piñeiro (CD Ria de Arousa do Grove), Silvia Ramos (Ourense At.),
  • 5.000 m. Sub18: Alba Pérez (Atl. Negreira), Rita Vázquez (Ourense Atl.) Nicolás Iglesias (A.Santiago) e Roi Surribas (S.Gimnástica)

Compartir: