Resultados

Tradición e calidade galega en Europa

Esta fin de semana terá lugar en Lisboa a disputa dunha nova edición correspondente ó Campionato de Europa de Campo a través onde o combinado nacional acude cun importante equipo formado por corenta atletas.

Entre os mesmos e como xa anunciamos, destaca a presenza de Solange Pereira e de Uxía Pérez Bugarín así como a do atleta Tariku Novales que continuán desta maneira ca tradición de aportar colorido galego á selección de campo a través.

Un pouco de resumo histórico

Facendo un pouco de repaso da actuación dos nosos/as atletas por estos cinco lustros de campionatos continentais, cabe salientar que o noso atletismo galego estaría facendo acto de presencia en todas e cada unha das súas edicións desenvoltas,  sendo nas localidades de Charleroi-96,  Thun-01, Legnano-06, Samorín-17 e Tilburg-18 onde acudiría un maior número de atletas galegos con catro integrantes.

Polos principias circuitos europeos pasarían un total de 24 atletas galegos/as (14 mulleres e 10 homes) entre os cales destacan en canto a maior número de convocatorias, as cinco participacións de Sandra Mosquera  (07-08-09-10-11), Carlos Adán (94-95-96-00-01) e Alejandro Gómez (94-95-96-01-02) Cabe salientar que Solange Pereira con esta selección para Lisboa, convertirase na atleta galega con máis participaciós despóis das súas actuacións nos anos 2009,2010,2011,2017 e 2018.

En canto a resultados novamente é a de Cangas quen conta cun destacado palmarés xa que na última edición de Tilburg 2018, proclamaríase Campioa de Europa na modalidade de relevos mixto, logo de que fora nesa mesma proba bronce en Samorín dous anos antes.

A mítica Julia Vaquero conseguría dous subcampionatos tanto na primeira edición de Alnwick como dous anos despóis en Charleroy 1996 ó que se lle suma a medalla de bronce por equipos do ano 1997. Na categoría masculina, outro dos referentes do atletismo galego, Alejandro Gómez sería mesmamente subcampión continental inividual no ano 1995 e campión europeo por equipos no ano 1995, 2001 e 2002 e prata no 1994

Outras actuacións destacadas correrían a cargo de Carlos Adán quen no ano 2000 en Malmoe (SWE) acadaría unha meritoria sexta posición ocupando un sétimo lugar un ano máis tarde na localidade suiza de Thun. Este mesmo atleta sería campión europeo por equipos no ano 2001 e prata no 1994 e no 2000.

Na categorías Sub20 e Sub23, salientamos os postos de finalistas individuais colleitados por Sandra Mosquera (7ª 2009), Miguel González (9º en 2016 e 5º no 2017) , Adrián Ben (8º no 2016) , Alex Fernández (9º no 2003) así como a de Tariku Novales e Carmela Cardama o ano pasado en Tilburg.

Algunhas Curiosidades

Como curiosidade, o equipo feminino Sub23 que o ano 2010 tomaba parte na localidad lusa de Albufeira, estaba composto prácticamente por galegas xa que das seis integrantes, catro foron galegas: Paula Mayobre, Solange Pereira, Esther Navarrete e Sandra Mosquera. De igual modo, decisiva e destacada foi a aportación galega no ano 1996 xa que a metade do equipo estaría formada por galegos con Alejandro Gómez, Carlos Adán e Carlos de la Torre.

Compartir: