O atletismo protagonista nos Premios ó Deporte Galego

No día de onte acontecería no Auditorio Municipal de Lalín a Gala correspondente ós Premios Deporte Galego que como cada ano a Secretaría Xeral para o Deporte outorga ós máis destacados/as deportistas da nosa comunidade polos méritos deportivos contraidos do ano 2018.

A esta gala acudiron ós máis notorios deportistas galegos así como unha importante representación de todos os estamentos deportivos entre os que se atopaba a Federación Galega de Atletismo

Destacada presencia do atletismo na Gala

Un total de 22 premiadas/os correspondentes a 18 categorías, serían os que durante toda a gala irían subindo para recoller ós seu galardóns. Un dos momentos máis importantes sería a entrega a Ana Peleteiro do galardón que a acredita como mellor deportista galega feminina 2018, e no que se tería en conta entre outras aspectos, as súas medallas de bronce acadadas tanto no Campionato de Europa  ó aire libre como no Campionato do Mundo de pista cuberta.

Xunto a riveirense, tamén estarían galardoadas/os s tanto Susana Rodríguez como  Fran Pérez como mellores atletas con diversidade, e Martín Liste no apartado de xogo limpo.

Na foto as/os galardoadas/os con membros da Xunta Directiva da FGA

Compartir: