V Festa do Atletismo Galego – Peregrina 2020

(las notificaciones de bajas hasta el 12 de agosto al correo  atleriasbaixas@gmail.com)        STREAMING

Diego Paz, novo Delegado da FGA na Coruña

O presidente da FGA Isidoro Hornillos, acaba de nomear como novo Delegado da FGA na Coruña a Diego Paz, logo de que durante varios anos a representación da Delegación herculina fora asumida interinamente dende a propia Federación Galega.

O novo Delegado de corenta e sete anos é natural de A Coruña, cidade na que se formuo atleticamente e na que chegaría a militar tanto no Real Club Deportivo como no Atletismo Coruña.

A nivel profesional dirixiu e ocupou varios postos de responsabilidade en empresas e proxectos relacionados co deporte, o que lle vai permitir aportar unha ampla experiencia e visión tanto a nivel de xestión como de coordinación e optimización de recursos e medios.

Área importante de actuación

O novo responsable terá que atender ó tecido atlético dun área integrada por un total de 26 municipios, cun total de 467.000 habitantes e unha extensión de 1593 km² onde se xenera anualmente unha importante actividade atlética. Ademáis da coordinación e atención cos distintos estamentos locais, reforzará as relacións da FGA tanto a nivel público institucional como a nivel do sector privado.

Na foto, Diego Paz na esquerda

 

 

 

 

Compartir: