Ana Peleteiro, ingresa na Real Orde do Mérito Deportivo

O Boletín Oficial do Estado publicaba o martes a Resolución do 7 de novembro, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se concede o ingreso na Real Orde do Mérito Deportivo nas súas diferentes categorías.

Na relación de distinguidos este ano figura a presencia da mundialista e campioa de Europa de pista cuberta en triplo salto, Ana Peleterio na categoría de Medalla de Bronce. Este novo recoñocemento, súmase ó acadado no ano 2012 cando lle concederan o Premio Princesa Leonor.

Importante galardón

Real Orde ó Mérito Deportivo é a máis alta distinción que se outorga ó deporte en España. Concédese anualmente polo Goberno do Estado a través do Consello Superior de Deportes, establecéndose diferentes rangos e categorías.

Os criterios que se consideran son os de valorar a “…traxectoria notoriamente distinguida na práctica do deporte, no fomento e ensinos da educación física, ou eminentes servizos na investigación, difusión, organización e desenvolvemento da cultura física e do deporte. Servizos extraordinarios e desinteresados en favor da cultura física ou o deporte españois”

Máis galegos con esta distinción

Ademáis da saltadora riveirense, son dous os galegos que contan con este importante recoñecemento. Alfonso Ortega no ano 2009 foi recoñocedido ca Medalla de Prata e o biolímpico David Gómez no ano 2017, ca Medalla de Bronce.

Relación de galardoadas/os ROMD

Compartir: