Resultados

Un Mundial de superación e éxitos para as nosas atletas

Remataron para as nosas representantes o Campionato do Mundo de atletismo de Diversidade Funcional que dende o pasado día 7 se veu disputando na cidade asiática de Dubai.

O balance das nosas atletas pódese considerar como extraordinario tendo en conta que se volta con dúas medallas, tres récords galegos absolutos (FGA) e dous de España correspondente a Federación Española Deportes para Ciegos.

Para comezar, e como xa falamos, Adi Iglesias sería sen dúbida a verdadeira protagonista tanto das galegas como das participantes hispanas. Nun campionato redondo, logrou dous subcampionatos do mundo na categoría T.11 (limitacións visuais) batindo en nada menos que en tres ocasións o récord galego absoluto dos 200 m. (24.58 nas eliminatorias do día 11;  24.45 nas semifináis do día 12 e os xa definitivos 24.31 nese mesmo día) que a converten de paso, na atleta galega máis rápida na historia sobre esa distancia. Si todo eso fora pouco, na final dos 100 m.l. establecería a terceira mellor marca galega de todos os tempos con 11.99 (récord de España FEDC) que lle daría unha nova medalla de prata e o seu billete para os Paralímpicos de Tokio-2020. ¡Expectacular! Remataría a súa participación nestes campionatos tomando parte no relevo mixto 4×100 m. xunto a Lorenzo Albadalejo, José Manuel Quintero e Sara Andrés onde ocuparon a cuarta posición na final cun rexistro de 51.95.

No medio fondo tomarían parte Susana Rodríguez e o seu guía Celso Comesaña, quenes volvendo as súas orixes atléticos, efectuaron un extraordinario campionato que lles lavou a acadar a cuarta posición na final dos 1.500 m. na categoría T.11 reservada para persoas con limitacións visuais. Previamente nas series eliminatorias, esta especialista en triathlon, invertiría un tempo de 4:55.38 que representa un récord de España na súa categoría e federación. Cabe destacar que Susana xa viña con pasaporte gañado para Tokio pero na modalidade de Triathlon.

Por último, a viguesa con ficha por Madrid, Desireé Vila tamén estivo tomando parte nas categorías T63 e T42 reservada para atletas con amputacións, tanto na proba dos 100 m.l. como no concurso de lonxitude. Na proba de velocidade remataría no noveno lugar con 17.16 (MMP) ocupando o oitavo lugar no concurso de lonxitude con 3.60 m.

Resultados Campionatos Dubai-2019

Compartir: